Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro 

 

A Asociación Cultural Entre Bambalinas guiada sempre polo obxectivo fundamental de espertar o interese pola arte dramática, decidiu convocar, con caracter bianual, este certame que procura enriquecer, desde a linguaxe do cómic, o feito teatral.

Como resultado deste certame a colección Banda Deseñada sobre Teatro está formada por: Doentes de Roberto Vidal Bolaño, en versión de Brais Rodríguez; Hamster de Santiago Cortegoso, en versión de Diego Campos; Belicosario de Manuel Lourenzo, en versión de Juan Molina;  2132 de Roberto Vidal Bolaño, en versión de Diego Blanco; Imundação de Marta Freitas, en versión de Diego Blanco; e Caixa negra, de Fernando Epelde, en versión de Manuel Tudela.

 


Máis sobre a erregueté | Revista Galega de Teatro: