Formación de públicos

 

Coa intención de difundir a Revista pero tamén de achegar ao público o teatro que contén, con cada número organízase unha presentación acompañada dunha actividade determinada (obradoiros, coloquios, performances, lecturas dramatizadas…).

Co obxectivo de dar a coñecer as autoras e autores editadas na Revista, nos últimos anos ten realizado en diferentes puntos de Galicia e Portugal intervencións de diversa índole (o coloquio celebrado entre AveLina Pérez e María Armesto dentro do programa da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas; os coloquios post-función celebrados durante a XXIX Mostra de Teatro Galego de Cariño; a presentación de D’abalada no FITEI de Porto).

Deste xeito, a través da colaboración da Revista con festivais onde non son habituais certos tipos de teatro ou coa intención de afondar na recepción, ademais dos traballos escritos que se editan nos diferentes soportes da publicación, o seu equipo propicia a divulgación e o intercambio de experiencias en vivo, erixíndose como un axente mediador e formador no desexo de normalizar o teatro galego.

 

 

Momento da performance de AveLina Pérez organizada pola erregueté na Mostra de Teatro de Cariño de 2017.

 


Máis sobre a erregueté | Revista Galega de Teatro: