Alentía, nos “Venres de Teatro” da Libraría Pedreira

O vindeiro venres 16 de novembro, ás 20:00, a Libraría Pedreira de Compostela continúa co seu proxecto “Venres de Teatro”. Nesta ocasión serán os compoñentes de Alentía Teatro, Óscar Varela Casal e Afonso García Penas, os convidados a representar Manancial de Fantasía, un espectáculo que presenta varias historias vivenciadas por aprendices de pallasos que percorren o universo dos […]