in

Lectura de ‘A fada pirata’ de Carlos Labraña na Libraría Pedreira

2114A018 2D1D 4412 B3A7 FA1D8BB26958 |

Hoxe, na Libraría Pedreira de Compostela, as 19:30, o grupo Os furabolos presentará un espectaculo baseado na peza de teatro infantil A fada pirata de Carlos
Labraña, unha obra na que se incide na igualdade de xénero e a paixón polos libros.

A obra é unha das finalistas dos Premios Gala do Libro 2019 na categoría Teatro.

Sinopse

Din que existe unha illa perdida no medio do mar habitada por todo tipo de seres extraordinarios. Alí viven un trasno e mais un anano nunha cabana ao pé da praia. Todas as mañás saen co amencer na procura dalgunha lembranza que a marea deixase atrás, para entregarlla ao mandaricas daquelas terras, un mago rabudo e caprichoso. Ata o día, que atopan varado no areal un barco pirata cargado cun tesouro fabuloso que cambiará as súas vidas para sempre.


Publicidade

Ficha

Elenco: Estefanía Bustabad, Pablo Nuñez e Carlos Labraña
Dirección: Os furabolos
Escenografía, iluminación e son: Paula Castro
Vestiario: Centro Dramático Galego
Música: Estefanía Bustabad

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AutodanceMatsBäcker |

FITEI e Dias da Dança únense nun gran festival para o Norte de Portugal

GEP2019 |

Xa se coñecen as obras galegas para Galicia Escena Pro