in

C’est la vie

1426600723cest la vie grande |

As cousas bonitas

| Camilo Franco |

 
A vida debe ser iso de baixar un día á rúa e entender que as cousas bonitas son moito menos importantes que as necesarias. E que a diferenza estética entre unhas e outras é asombrosamente pequenas cando no cálculo entra a estética do valor. Quizais esa contraposición entre o bonito e o necesario sexa outra mentira. Unha máis das que nos contaron para que darlle menos valor ás cousas imprescindibles. Como aquilo de intercambiar espellos por colleitas. Ou algo así.

Non é seguro que Matrioshka Teatro estea de regreso. Seguramente non marcharon nunca, pero o sistema escénico galego (e perdoade a formulación) ten estas cousas: a xente segue aí pero non a ve ninguén. C’est la vie foi estreada en marzo de 2013 e volve (é un dicir) a Santiago dous anos despois con dez funcións polo medio. Calquera pode pensar que a súa errática presenza nas programacións ten que ver con algúns defectos artísticos, con unha mala escolla do argumento ou con que agora os tempos piden outro xeito de contar. Pero quizais as dificultades veñen doutro lado.

Porque C’est la vie non ten nada de malo. Ten un certo gusto polas cousas bonitas, polas imaxes organizadas con sentido estético. Hoxe manda un críterio moito máis rudo, pero quizais non tanto como precisan os tempos. Pero cando a compañía estrenou en 2013 o asunto xa funcionaba así. A obra gusta dun tipo de instrospección delicada, dun humor tirando a suave de deterse nos paradoxos da vida sentimental que non é só a amorosa. Máis que contar unha historia, navega entre as historias e algunhas delas son tan recoñecibles que quizais os espectadores as dean por sabidas.

A compañía traballa desde esa intención de facer do espazo escénico un territorio do natural, que as cousas sucedan no escenario coa mesma naturalidade con se producen na vida. Ese é o horizante e o elenco traballo por aproximarse a unha liña case imposible. Pero imposturas non hai. Non hai, por exemplo, ese pesadelo dalgunhas actividades escénicas contemporáneas como a falsa espontaneidade. A obra transcorre coa vontade de contar algo desde a verdade e que non haxa retórica no contado, nin literaria nin escénica.

Sucede que nestes dous anos desque Matrioshka estrenou, algunhas compañías buscaron unha aterrizaxe forzosa nese mesmo territorio. Algunhas coa fortunada da brutalidade outras cos complicidade dun presente á baixa. Pero as máis delas con máis intención de estar que de contar. Abusando da linguaxe para obviar algunhas lagoas argumentais. Iso cambio e quizais afecte á compañía, pero non é cousa delas. Elas estaba aí. É que non mirábamos.
 
C’est la vie, de Matrioshka Teatro

Dirección: Marta Pazos
Elenco: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
Vestiario e coreografía: Uxía P. Vaello
Xastra: Cloti Vaello
Escenografía e Atrezzo: Maraña
Maquillaxe e Perruquería: Trini F. Silva
Iluminación e Son: Javier Quintana
Fotografía: Inés Salvado
Realización e edición de vídeo: Emilio Carral
Deseño: Maraña
Produción: Matrioshka Teatro
Distribución: Culturactiva

Teatro Principal, Santiago de Compostela. 16 de abril de 2005

 

 

 

 


Publicidade

 

 

 

 

 

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ganas ouvear 04 |

Ganas de ouvear

leo bassi |

Misa patólica