Co propósito de impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos que contribúan ao enriquecemento do panorama teatral e apoiar así aos autores dramáticos da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), a Fundación SGAE convoca o XXVII Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, el XIX Premio SGAE de Teatro Infantil e o XII Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez para textos teatrais LGTBI.
O prazo para a presentación de textos remata o 20 de abril de 2018. O xurado estará composto por profesionais das artes escénicas de recoñecido prestixio. O fallo dos tres premios farase público antes do 31 de decembro de 2018.
A dotación destes premios alcanza os 18.000 euros distribuídos do seguinte xeito: Premio SGAE do Teatro Jardiel Poncela (8.000 euros); Premio SGAE de Teatro Infantil (8.000 euros) e Concurso Internacional Leopoldo Alas Mínguez (2.000 euros). Ademais, estes premios recoñecen a inclusión dos textos na Serie SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa posterior publicación, dentro das coleccións que edita a Fundación SGAE.
Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela
A Fundación SGAE reivindica con este premio a figura do escritor e dramaturgo madrileño Enrique Jardiel Poncela, un dos autores fundamentais do teatro español. A entidade convoca este galardón dende hai 27 anos co obxectivo de fomentar a creación de novos textos dramáticos que, tanto pola calidade e orixinalidade dos seus diálogos como pola súa visión escénica, axudan ao desenvolvemento do Teatro. Este premio establece unha dotación económica para o autor da obra gañadora de 8.000 euros, a dramatización do texto gañador dentro do Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa publicación na Colección Teatroautor, publicada pola Fundación SGAE.
Premio SGAE de Teatro Infantil
A Fundación SGAE convoca este premio dende hai 19 anos co propósito de promover e apoiar a creación de obras dramáticas dirixidas a nenos e nenas que, tanto pola calidade e orixinalidade dos seus diálogos como pola súa visión escénica, contribúen ao progreso do panorama teatral dirixido a público infantil. Este premio establece unha dotación económica para o autor da obra gañadora de 8.000 euros, a dramatización do texto gañador dentro do Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa publicación na Serie de Teatro Infantil e Xuvenil Sopa de libros, que o grupo editorial Anaya coedita coa Fundación SGAE.
Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez
Organizado pola Fundación SGAE e pola Asociación Cultural Visible para estimular e normalizar a presenza do colectivo LGTBI na creación teatral contemporánea, este premio rende homenaxe a un dos intelectuais máis comprometidos coa causa do activismo e a cultura LGBTI, o desaparecido escritor e xornalista rioxano Leopoldo Alas Mínguez, falecido en Madrid en 2008. Trátase, ademais, do único certame no seu xénero que se celebra en todo o mundo. Este premio establece unha dotación económica para o autor da obra gañadora premiado de 2.000 euros, a inclusión do traballo no Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa publicación na serie editorial Premios Leopoldo Alas Mínguez que edita pola Fundación SGAE.
Podedes descargar as bases destes tres premios, en galego, aquí.