in

Chévere remata a xira de Eroski Paraiso en Sevilla

EroskiParaiso 00475 |

O Teatro Central de Sevilla acolle hoxe a función que pechará a xira de Eroski Paraíso, o primeiro espectáculo de Chévere logo de que a compañía gañase o Premio Nacional de Teatro no ano 2014. As entradas están xa esgotadas.

Eroski Paraíso estreouse en Muros en marzo de 2016, e leva percorridos os escenarios de máis de 60 cidades e vilas do estado español. Así, o espectáculo púidose ver en Donostia, como parte de DFeria, en Valencia, no marco do festival Tercera Setmana, en Ribadavia, como parte da MIT e en Alicante, con motivo da Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos.

Eroski Paraíso pasou tamén por teatros como Las Naves del Español-Matadero Madrid, en Madrid, o teatro Alhambra de Granada, o teatro Bretón de los Herreros de Logroño, o teatro Rialto de Valencia e o Teatro del Mercado de Zaragoza, así como por un total de 36 teatros de toda Galicia.

Recentemente, a editorial Kalandraka publicou o texto do espectáculo, dentro da súa colección Biblioteca de Teatro.


Publicidade

Eroski Paraiso é unha peza inzada de intimidades, baseada no traballo de actor. O espectáculo proponlle ao público asistir como observador á rodaxe dun filme documental, superpoñendo no escenario a mirada cinematográfica e a teatral, reutilizando a linguaxe do cinema e os recursos do documental creativo para facer unha obra especificamente teatral.

O proxecto xurdiu dun proceso de investigación e documentación desenvolvido en Muros, explorando a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou entre 1972 e 1990, e que posteriormente se converteu nun supermercado Eroski. Un feito que se repite en moitas outras vilas e cidades de Galicia.

O espectáculo está protagonizado por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, acompañados en escena dunha actriz moi nova, Cristina Iglesias, que foi seleccionada para este espectáculo nun obradoiro de prácticas escénicas que Chévere realizou en decembro de 2015 dirixido a actores e actrices menores de 25 anos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PremTeatroSGAE2018 |

Convocados os Premios SGAE de Teatro 2018

MofaeBefaCranios |

Josito Porto substituirá a Evaristo Calvo en ‘Cranios privilexiados’