Actualidade

‘A Galiña Azul’ de Tanxarina, Mellor Espectáculo de Títeres en Feten 2018

PUBLICIDADE

A obra A galiña azul de Títeres Tanxarina foi galardonada co Premio ao Mellor Espectáculo de Títeres no FETEN (Feria de Teatro Para Niños y Niñas) de Xixón. A obra –unha adaptación do conto de Carlos Casares con texto e dirección de Cándido Pazó– combina en escena técnicas de manipulación de bonecos e a presenza sobre as táboas dos actores Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Rio e Eduardo Tatán. O espectáculo estreouse no marco da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, unha vila na que Casares exerceu como mestre durante os anos setenta e moi relacionada, polo tanto, coa traxectoria literaria e vital do autor.

FETEN supón un encontro de referencia anual para o gran público que congrega, así como para profesionais de todo o estado, que se acreditan para non perder nada durante seis xornadas. Está considerada como a máis prestixiosa feira de teatro infantil.

O Palmarés completo da edición deste ano foi o seguinte:

  • Premio á mellor proposta plástica, á compañía Colectivo Terrón, polo espectáculo Tierra Efímera
  • Premio ao mellor espazo escénico,á compañía Marie de Jongh, polo espectáculo Estrella.
  • Premio ao mellor espazo sonoro, á compañía Arawake, polo espectáculo En busca del fuego.
  • Premio ao mellor espectáculo Danza-Teatro, a Nana, una canción de cuna diferente, da compañía Proyecto NaNa.
  • Premio á mellor proposta de Teatro e Inclusión, a Farrés Brothers i cia, polo espectáculo El silencio de Hamelin.
  • Premio ao mellor espectáculo de pequeno formato, a Vida, da compañía Javier Aranda.
  • Premio aos mellores intérpretes, a Isabel Moreno e Esteban G. Ballesteros, polo espectáculo Lo que queda de nosotros, da compañía Bachata Rent – El Desván Producciones.
  • Premio á mellor dirección a Jordi Purtí, da Orquestra de Cambra del Empordà, polo espectáculo Concerto a Tempo d’Umore.
  • Premio ao mellor espectáculo para a Primera Infancia, a La granja, da compañía Teloncillo Teatro.
  • Premio ao mellor espectáculo de títeres, a A galiña azul de Títeres Tanxarina
  • Premio ao mellor espectáculo de Danza, a Amelia, da compañía Marea Danza.
  • Premio ao mellor espectáculo FETEN 2018, a Ludo Circus Show, da compañía Ludo Circus.
  • Premio FETEN 2018, ao Mellor Espectáculo de Rúa a LA NORDIKA CIRCO Y DANZA, polo espectáculo Rojo Estándar.
  • Premio FETEN 2018, ao Mellor Espectáculo en espazo non convencional, á compañía COMPAGNIE CREATURE polo espectáculo Les irrèels.
  • Premio FETEN 2018 ao Mellor Espectáculo de noite a LA TROCOLA CIRC polo espectáculo Emporta.

 

 

 

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!