in

Escena Galega amosa a súa preocupación pola escasa presenza das Artes Escénicas galegas en Lugo

AX Lugo7

A asociación celebrou o seu primeiro encontro do ano 2018 na cidade das murallas

 

A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas () celebrou na cidade de Lugo o primeiro dos Encontros Profesionais do ano 2018, que organiza periodicamente no marco das súas Asembleas Xerais, entendendo como fundamental a interlocución e debate entre as súas compañías e os distintos axentes implicados no sector das artes escénicas: programadores/as, institucións, festivais, etc.

A Universidade de Santiago / Campus Terra acolleu, en horario de mañá, a Asemblea Xeral da asociación, podendo ter ademais as compañías un pequeno encontro co Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo D. Javier Bueno. A maiores, convidouse ao secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, a expoñer e compartir cos nosos asociados/ as un proxecto no que dende a Casa-Museo están traballando sobre a obra dramática do autor, e que pode ser de especial interese para Escena Galega.

PUBLICIDADE

A asociación considera perentorio, ademais, establecer un diálogo e debate construtivo e propositivo sobre a situación das artes escénicas galegas na provincia de Lugo a nivel de promoción e programación por parte das institucións, que dende Escena Galega consideran absolutamente insuficientes, sen continuidade nin visión estratéxica a medio-longo prazo, máis se se compara esta situación coa actividade en prol do traballo das compañías galegas englobadas na asociación levado a cabo por outras deputacións provinciais, cidades e vilas galegas en forma de circuítos profesionais e redes de distribución e programación estable e continuada no tempo.

Con este obxectivo Escena Galega organizara ás 16.00 h. dese mesmo día un encontro coas representantes do Dª Mª Carmen Basadre Vázquez (Concelleira de Cultura, Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua) e da Deputación Provincial Dª Pilar García Porto (Deputada de Cultura, Patrimonio e Educación). Malia ter confirmado ambas a súa presenza e contar co seu compromiso incluso no día anterior á actividade, finalmente ningunha delas –segundo a asociación– asistiu, informando desta circunstancia no mesmo día da xuntanza.

Á actividade do martes 20 de febreiro na cidade de Lugo acudiron 15 compañías, das
cales 13 viñan de fóra da provincia: Baobab Teatro, BocAberta, ButacaZero, Caramuxo Teatro, Contraproducións, Chévere, Lucecús Teatro, Malasombra Producións, Matrioshka Teatro, Palimoco Teatro, Producións Teatrais Excéntricas, Redrum Teatro, Teatro del Andamio, Teatro do Noroeste e Urdime.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Carlossantiago

    O mundo da cultura asina un manifesto en solidariedade con Carlos Santiago

    TanxarinaGaliñaPrem

    ‘A Galiña Azul’ de Tanxarina, Mellor Espectáculo de Títeres en Feten 2018