in

Ibuprofeno Teatro estrea ‘Casa O’Rei’ en Vigo

casaoreicartel |
A obra de Ibuprofeno Teatro, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do Rei Lear de Shakespeare, ambientado aquí nunha típica casa de comidas galega

 

O Auditorio Municipal de Vigo acolle o venres 2 e o sábado 3 de marzo, ás 21,00 h., a estrea de Casa O’Rei, a peza coa que Ibuprofeno Teatro pecha a “triloxía gastronómica” da que tamén forman parte O furancho e Raclette.

En Casa O’Rei, Ibuprofeno Teatro propón un xogo escénico e dramatúrxico que parte do Rei Lear de William Shakespeare, pero ambientando nunha típica casa de comidas galega o drama sucesorio daquel clásico. A reflexión sobre a unidade familiar como desenvolvedora do individuo guía a acción, enmarcada no opresivo ambiente da cociña como único escenario.


Publicidade

Así, continúa o camiño aberto por esta compañía galega nas súas anteriores montaxes, todas elas proxectos persoais e independentes á procura dunha linguaxe recoñecible coa que tratar os temas claves que afectan ao ser humano contemporáneo.

Escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, gañador do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e do María Casares ao mellor texto orixinal por Raclette, esta nova proposta xunta un bo número de profesionais de prestixio: á presenza no reparto de Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira e Xosé M. Esperante, súmase a banda sonora de Alonso Caxade ou a escenografía de Pablo Giráldez ‘Pastor’.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

dramaturxiasINAEM |

VII Programa de Desenvolvemento de Dramaturxias Actuais do INAEM

EstelaLloves |

O ronsel, por Esther Carrodeguas