in

XXIV Festival de Teatro Universitario de Lugo

TeatroUniversitarioLugo |

Festival de Teatro Universitario, iniciativa deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural do que forman parte Deputación, Concello de Lugo e USC, botará a andar no Campus Terra a súa edición XXIV entre o 14 e o 21 de marzo, a través da cal Lugo converterase en foro de encontro para as diferentes compañías de Galicia.

O Auditorio Gustavo Freire acollerá o vindeiro 14 de marzo ás 20.30 horas e o 19 de marzo ás 21.00 horas, a representación de WK, un estudo teatral sobre a obra Woyzeck de Georg Büchner baixo a estética do teatro da morte do director de escena polaco Tadeusz Kantor, a cargo da compañía USC-Lugo, dirixida por Paloma Lugilde, quen tamén é a responsable da dramaturxia. As entradas da obra WK retiraranse, máximo dúas por persoa, na Oficina de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación o 9 de marzo entre as 10 e as 14 horas. Desta obra tamén se levará a cabo un ensaio aberto o día 13, ás 20.00 horas, para o que se requirirá entrada; así como funcións escolares, previa reserva, o día 15, ás 12.00 horas, e o día 19, ás 16.30 horas.

O 20 de marzo, ás 20.30 horas, será a quenda da Aula de Teatro da USC-Compañía de Teatro USC Santiago de Compostela, que representará a obra Pasar por Nida, baixo a dirección e dramaturxia de Roberto Salgueiro. O día 21, As ondas das pedras no río, a cargo da Aula de Teatro Universitaria de Ourense “Maricastaña”, con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, representarase tamén a partir das 20.30 horas. Ambas as dúas representacións terán lugar no Auditorio Gustavo Freire.

A gran novidade deste ano será o encontro aberto que a Casa do Saber do Campus Terra acollerá o vindeiro 17 de marzo, ás 20.30 horas, coa directora teatral Carlota Ferrer, quen tamén impartirá un obradoiro de creación de 28 horas e para un máximo de 15 persoas entre o xoves 15 e o domingo 18. As inscricións poden realizarse ata o 13 de marzo ás 14:00 horas a través de [email protected] ou do teléfono 982821513.


Publicidade

Ademais o día 19, a partir das 19.00 horas, no vestíbulo do Auditorio, Krilajo Grupo Independente da USC-Lugo participará co microproxecto Club de Lectura; mentres que Raquel Velasco e Cristian Fernández da ESAD darán a coñecer os seus microproxectos Búsqueda e Retrospectiva, respectivamente.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

breverías |

Teatro Aforo convoca o certame de microteatro ‘Breverías teatrais’

PremioAbrente |

Convocado o XIII Premio Abrente de Textos Teatrais