Elefante Elegante estrea hoxe Patapatúm, espectáculo familiar concibido nunha residencia artística da compañía no Auditorio do Concello de Culleredo e que presentarán dende hoxe ata o venres ás meniñas e meniños de educación infantil e primeiro ciclo de primaria do concello.
Un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual, cunha forte compoñente plástica e musical e e cunha banda sonora inspirada no universo musical Dixieland, Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos.
As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estructurante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que ese obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os prexenitores teñen para adicar aos seus fillos.
Coa estrea desta obra, a compañía culmina a súa residencia en Culleredo, a segunda que realizan neste concello.