O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado, ás 20,00 h., a estrea de A carreta pantasma pola compañía Berrobambán, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Paula Carballeira protagoniza A carreta pantasma, un espectáculo de narración oral –que forma parte, así mesmo, da carteleira do Festival Singular en Feminino-, no que se afonda entre os límites da narración oral e o teatro. A montaxe ofrece un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.
O espectáculo fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Ás veces atópanos sin saber onde ir, que facer, que pensar, porque esquecimos de máis e xa non nos recoñecemos no espello. A memoria colectiva ofrécenos identidade, e de memoria falan as tres historias que compoñen este espectáculo.
A carreta pantasma está baseado no filme sueco do mesmo título estreado en 1921, dirixida por Víctor Sjöström a partir dun relato de Selma Lagerloff, a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura sobre unha crenza popular.
- O Salón Teatro acolle o espectáculo ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’ - 16/12/2025
- O Eu.Experimento do Camões CCP en Vigo homenaxea á súa actriz Ana Sousa, recentemente falecida - 16/12/2025
- O Colectivo D’elas é galardoado co Premio do Público no 39 Certame Coreográfico de Madrid - 07/12/2025



