Actualidade

Elefante Elegante estrea novo espectáculo familiar

PUBLICIDADE

Elefante Elegante estrea hoxe Patapatúm, espectáculo familiar concibido nunha residencia artística da compañía no Auditorio do Concello de Culleredo e que presentarán dende hoxe ata o venres ás meniñas e meniños de educación infantil e primeiro ciclo de primaria do concello.

Un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual, cunha forte compoñente plástica e musical e e cunha banda sonora inspirada no universo musical Dixieland, Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos.

As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estructurante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que ese obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os prexenitores teñen para adicar aos seus fillos.

Coa estrea desta obra, a compañía culmina a súa residencia en Culleredo, a segunda que realizan neste concello.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!