in

Nova Galega de Danza, IlMaquinario e Cándido Pazó, candidatos aos Premios Max

Son |

Nova Galega de Danza e o seu espectáculo Son encabeza a lista de candidatos galegos con cinco candidaturas. | Foto: Moncho Fuentes |

 

Nova Galega de Danza e o seu espectáculo Son optan a cinco Premios Max das Artes Escénicas: mellor espectáculo de danza, mellor coreografía (Jaime Pablo Díaz, Carlos Rodríguez, Carmelo Segura), mellor composición musical para espectáculo escénico (Sergio Moure de Oteyza) mellor vestiario (Sara Sanchez) e mellor iluminación (Luis Perdiguero). Resaca, de IlMaquinario, resultou escollido como candidata a dous galardóns: mellor espectáculo revelación e mellor autoría revelación (Tito Asorey e Ana Carreira). Ademais, Cándido Pazó é candidato ao premio ao mellor autor por Nacidas libres.

O comité organizador dos Premios Max das Artes Escénicas deu a coñecer a través dun comunicado os candidatos ás 19 categorías a concurso da 21ª edición dos Premios Max, organizados pola Fundación SGAE, cuxo obxectivo é estimular e premiar o talento dos profesionais do Teatro e Danza do estado español, ademais da promoción dos espectáculos da temporada.


Publicidade

Un total de 88 espectáculos dos 395 inscritos foron seleccionados para participar como candidatos na 21 ª edición dos Premios Max das Artes Escénicas, tal e como o decidiron, nesta primeira fase, os tres xurados territoriais designados polo comité organizador.

Tras a primeira fase de selección, un tribunal formado polos tres presidentes dos xurados territoriales, catro personalidades das Artes Escénicas e un membro do comité organizador, será o encargado de decidir os finalistas das 19 categorías que compiten na 21ª edición dos Premios Max das Artes Escénicas.

Podedes consultar a lista completa de candidatos aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FOTO FAMILIA |

Os XXII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras

Premios María Casares

A Panadaría: “Historicamente o humor sempre foi un campo vedado ás mulleres”