Pistacatro estrea hoxe ás 11:00 no Coliseum da Coruña, o seu novo espectáculo Orquestra de Malabares coa Banda Municipal de Música. Un proxecto de Circo e Malabares que versa sobre as aventuras que lles acontecen a dúas compañías de artistas (malabaristas e músicos) ao chegar ao momento de actuación perante o público e que se realizará a través da colaboración da Banda Municipal de Música de cada vila ou cidade de Galicia onde se celebre o espectáculo e un grupo de 6 malabaristas-actores-bailaríns.
Os diferentes números malabares variarán segundo a intención interpretativa e o que se está a contar e a música, complementándoa dun xeito visual e que será escollida a posteriori da creación escénica en conxunto co director musical da mesma. Coa mestura destes dous mundos créase un efecto de fusión sonoro-visual, creando a ilusión de que os malabares e a música formen parte dun mesmo conxunto.
A banda interpretará diferentes composicións musicais, que serán acompañadas polas actuacións de malabares. A medida que a Banda Municipal interpreta as diferentes pezas, os malabaristas realizarán diferentes coreografías de malabares, os cales se compaxinarán co ritmo e harmonía da música. Un proxecto singular e único que une o mundo do circo e a música.
Tradición e Innovación unidos nun mesmo espectáculo único en todo o Estado e pioneiro por tratarse dun show deseñado e ideado dende o seu nacemento para facer con bandas de música.
- Na escena: Arturo Cobas, Dulce Duca, Dani Fausto, Aitor Garuz, Santi Montero, Guillermo Porta e Xampi.
- Na dirección: Pablo Reboleiro.
- Na dirección musical: Manuel Paino.
- Producción: Belém Brandido/José Exposito
- Producción Executiva: Pistacatro
- Axudante de Dirección: Diego Anido
- Coreografias Malabares: Dani Fausto
- Vestiario: Uxia P. Vaello
- Apoio dramaturxia: Marcos Carballido
- Deseño de Imaxe: Juan Gallego
- Fotografia: Rubén Vilanova
- Vídeo: Tamboura Films
- Asistencia Técnica: RTA