A compañía Redrum Teatro ultima os detalles para a estrea do seu novo espectáculo, Estas Aí?que terá lugar no Teatro Colón da Coruña os días 14 e 15 de abril ás 20:00 h.

Grazas a unha colaboración de residencia artística temporal co Concello de Teo, durante os primeiros días do mes de abril a compañía Redrum Teatro está levando a cabo os últimos ensaios deste novo espectáculo protagonizado polos coñecidos actores Xúlio Abonjo e Isabel Risco e dirixido por Alex Sampayo. 

Estas Aí? é unha comedia que narra os desencontros dunha parella que se muda a un novo apartamento habitado por un personaxe invisible que lles fará desesperarse coas súas trasnadas. Mentres están a superar a sorpresa e buscan a forma de convivir co inesperado convidado, un feito casual failles cuestionar o seu amor e a forma na que se están relacionando. Durante o proceso descubrirán que, ás veces, as cousas non son o que parecen e que a forma na que nos comunicamos pode construir barreiras ou destruilas. 

Trátase da novena produción de Redrum Teatro, unha compañía fundada no 2009 que levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión, protagonizada por Rosa Álvarez; os espectáculofamiliares Moito Conto, Roedores A Nena Que Quería Navegar;  así como as comedias Curriculum Vitae con Mónica García e Guillermo Carbajo; Amor Flexible protagonizada por Mela Casal, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa; Noiteboa con Ernesto Chao, Mela Casal e Guillermo Carbajo e a recente A Canción do Elefante cos actores Patricia Vázquez, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo. 

Despois da estrea na Coruña, o espectáculo xa ten pechadas as primeiras datas da xira, que percorrerá Redondela (21 de abril), Cerdedo-Corobade (29 de abril), Teo (11 de maio), Vilalba (12 de maio), O Rosal (18 de maio), Ponte Caldelas (17 de agosto), Cambre (14 de outubro), A Illa de Arousa (20 de outubro), Ribeira (26 de outubro) e Cariño (28 de outubro).

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos