in

Pistacatro estrea ‘Orquestra de malabares’ na Coruña

malabares |

Pistacatro estrea hoxe ás 11:00 no Coliseum da Coruña, o seu novo espectáculo Orquestra de Malabares coa Banda Municipal de Música. Un proxecto de Circo e Malabares que versa sobre as aventuras que lles acontecen a dúas compañías de artistas (malabaristas e músicos) ao chegar ao momento de actuación perante o público e que se realizará a través da colaboración da Banda Municipal de Música de cada vila ou cidade de Galicia onde se celebre o espectáculo e un grupo de 6 malabaristas-actores-bailaríns.

Os diferentes números malabares variarán segundo a intención interpretativa e o que se está a contar e a música, complementándoa dun xeito visual e que será escollida a posteriori da creación escénica en conxunto co director musical da mesma. Coa mestura destes dous mundos créase un efecto de fusión sonoro-visual, creando a ilusión de que os malabares e a música formen parte dun mesmo conxunto.

A banda interpretará diferentes composicións musicais, que serán acompañadas polas actuacións de malabares. A medida que a Banda Municipal interpreta as diferentes pezas, os malabaristas realizarán diferentes coreografías de malabares, os cales se compaxinarán co ritmo e harmonía da música. Un proxecto singular e único que une o mundo do circo e a música.

Publicidade

Tradición e Innovación unidos nun mesmo espectáculo único en todo o Estado e pioneiro por tratarse dun show deseñado e ideado dende o seu nacemento para facer con bandas de música.

 

  • Na escena: Arturo Cobas, Dulce Duca, Dani Fausto, Aitor Garuz, Santi Montero, Guillermo Porta e Xampi.
  • Na dirección: Pablo Reboleiro.
  • Na dirección musical: Manuel Paino.
  • Producción: Belém Brandido/José Exposito
  • Producción Executiva: Pistacatro
  • Axudante de Dirección: Diego Anido
  • Coreografias Malabares: Dani Fausto
  • Vestiario: Uxia P. Vaello
  • Apoio dramaturxia: Marcos Carballido
  • Deseño de Imaxe: Juan Gallego
  • Fotografia: Rubén Vilanova
  • Vídeo: Tamboura Films
  • Asistencia Técnica: RTA

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

aculturaeundereito |

Xornada sobre a escena galega no programa da Deputación da Coruña ‘A cultura é un dereito’

estasai |

Redrum estrea a comedia ‘Estas aí?’ no Teatro Colón da Coruña