in

Achádego Teatro celebra o seu 30º aniversario coas xornadas “Experiencias Teatrais”

Achádego |

Maio 2018 Achádego Teatro cumpre 30 anos de vida e entre os actos conmemorativos que vai a realizar ao longo do ano, organizou para esta fin de semana de maio as Xornadas “Experiencias teatrais” co obxetivo de lle ofertar ao público a posibilidade de coñecer as distintas realidades do teatro actual.

Nestes 30 anos pasaron por Achádego uns 50 actores e actrices que, coa súa propia sensibilidade, achegaron o carácter que hoxe en día ten a compañía. A súa filosofía está en ser partícipe da vida cultural da cidade, enriquecela e colaborar con todas aquelas accións sociais e culturais que se están a organizar. Entre os seus obxetivos está difundir a lingua galega e conformar obras propias coas que percorrer a comunidade galega. Achádego teatro foi o lugar en donde xermolaron outros actores e actrices que hoxe en día conforman diferentes grupos ou se adican profesionalmente as artes escénicas. Achádego está sempre aberto a novas incorporacións e non pecha ás portas a quen queira irse ou voltar porque no fondo o grupo é unha gran familia que sempre está ahí. Hoxe en día traballan unhas 15 persoas pero tamén hai colaboracións esporádicas e encontros con outras agrupacions para realizar proxectos en común.

Os seus fundadores son Tareixa Campo (e a actual Presidenta da Asociación) e Antón Sampaio (e Director da Agrupación Teatral).

 

SÁBADO 12

As xornadas darán comenzo o vindeiro sábado co I Encontro de actores e actrices de teatro amador da Provincia de Lugo.

13:00 Recepción de membros de grupos de teatro da provincia de Lugo participantes no proxectos BUXIGANGA na carpa sitúada na Praza de San Marcos.

14:30 Comida de teatreiros e teatreiras da Provincia de Lugo. Restaurante Fonte do Rei.


Publicidade

18:30 Representación teatral a cargo de Lucecús Teatro. Salón de actos da Deputación.

19:30 Conferencia de Manuel Vieites, Director de ESAD ( Escola Superior de Arte Dramática de Vigo). “Formación teatral en Galicia: A ESAD.” Modera Tareixa Campos e Antón Sampaio. Salón de actos da Deputación.
 

DOMINGO 13

20.00 Mesa redonda: “Experiencias teatrais femeninas. A situación das mulleres no feito teatral” Salón de actos de Deputación Provincial de Lugo. Modera a mesa Lourdes Abuide. Poñentes:

  • Melania Cruz. Estudiou maxisterio en Lugo e Interpretación textual na ESAD en Vigo e un master en pedagoxía e animación teatral na Universidade de Vigo. En 2012 fundou Il Maquinario Teatro. Traballou como actriz profesional en varias compañías, CDG, Contraproduccións, 611 Teatro e EsénaT. En cine traballou en A Esmorga e Sicixia de Ignacio Vilar. Traballou en series para a TVG como Urxencia Cero, Serramoura, Fontealba e Viradeira.
  • María Vázquez. Nace un 19 de marzo de 1979 en Carballedo, Chantada. Con 18 anos se traslada a Madrid para estudiar danza e ingresa na Escola Teatro da Danza donde permaneceu dous anos. Entón se decanta polo teatro e continúa os seus estudios de Interpretación na Escola Internacional de Juan Carlos Corazza en donde terminou a formación de 4 anos. Arestora está de xira coa obra A leituga dirixida por Victor Duplá, traballou con Andrés Lima en Sueño e en La evolución e Animal dirixida por Rubén Ochandiano. Entre outras. En Televisión está participando na serie Fariña de Bambú producción para Antena3.

 

LUNS 14

20:00 Conferencia de Enrique Salaberria. Xerente de Xmedia. “A Xestión teatral e os espazos teatrais como feito fundamental para crecemento artístico das ciudades”

ENRIQUE SALABERRIA. Fundador do grupo empresarial Smedia, que dende 1999 produce e distribuie teatro, música e danza en 9 teatros de Madrid e acaba de facer coa xestión do Cartuja Center City de Sevilla. Miembro fundador da Asociación de Artes Escénicas de España. Salaberría non é un empresario teatral o uso. Navegando en solitario e a contracorriente converteu o seu grupo, Smedia, nun dos máis importantes do panorama escénico de Madrid. Xestiona os principais teatros da capital.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DarkFieldAnalysis 3©Ben Mergelsberg |

Dark Field Analysis

FaustCastorf |

Rolda internacional: 11 / 05 / 2018