in

Tareixa Campo recibe hoxe o Premio da Organización da MITEU-Ourense

Achádego |

Hoxe remata a Mostra de Teatro Universitario de Ourense e, na clausura, a organización quere recoñecer o traballo pioneiro de Tareixa Campos facéndolle entrega do Premio da Organización da Mostra. O traballo incasábel de Campo por un teatro de base é salientado polos responsables da Mostra.

Tareixa Campo ten adicado unha boa parte da súa vida ao teatro, ligando sempre o seu traballo á defensa de valores sociais e da igualdade. Ademais dun intenso labor desenvolto como directora, actriz e autora teatral, destaca na traxectoria de Tareixa Campo o seu papel na promoción e impulso de certames, festivais e grupos de teatro que a día de hoxe xa acadaron un recoñecido prestixio.

Tareixa Campo é confundadora da asociación estatal de profesores de drama “Joven Teatro Joven”, co- fundadora da Asociación de profesores de teatro “Barriga verde”, fundadora do grupo teatral Achádego de Lugo… Dirixiu teatro escolar e teatro para adultos. Como actriz traballou no grupo Tarabelo e Achádego e tivo participacións en televisión, ademais de ser tamén tradutora e adaptadora de textos teatrais e autora de obra narrativa.

Campo ten participado no impulso e consolidación de diferentes proxectos culturais como a Aula de Teatro da USC en Lugo ou o proxecto de teatro afeccionado Buxiganga. Tamén é de salientar o compromiso de Tareixa Campo co noso idioma e co patrimonio inmaterial galego.

O acto de entrega do galardón será ás 20:00 no Teatro Principal de Ourense, nunha gala na que, ademais do Premio da Organización, tamén se entregarán os premios do xurado e do espectador Carlos Couceiro e Begoña Muñoz e os premios á mellor resolución técnica Suso Díaz.


Publicidade

A seguir, Maricastaña, a Aula de Teatro da Universidade de Ourense, representará As ondas das pedras no río, dirixida por Fernando Dacosta, poñendo así punto final a esta XXIII edición da Mostra.

 

Na foto, Achádego Teatro, a compañía coa que Campo traballou os últimos trinta anos. 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Teatro Colon |

O Teatro Colón da Coruña descobre os seus segredos

DPR 03 |

O CDG programa outras catro funcións de ‘Divinas Palabras Revolution’ no Salón Teatro