in

Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018

DSC9617 2 |

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ratificou Isabel-Clara Simó como Escritora Galega Universal 2018, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional dos Països Catalans.

O Premio será entregado o día 19 de maio de 2018, no marco da III Gala do Libro Galego, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Nas anteriores edicións, recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer e Hélia Correia.


Publicidade

Con motivo da súa estadía, terá lugar un encontro cos medios de comunicación a sexta feira, venres, 18 de maio, a partir das 12:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela. Posteriormente, ese mesmo día 18, ás 19:00 horas, manterá un coloquio aberto ao público en xeral na propia Libraría, acompañada por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.

Malia ser coñecida sobre todo como narradora, Simó é autora dunha obra dramática que goza de éxito entre a crítica e o publico. Algunhas das súas obras dramáticas son Dona i Catalunya, …I Nora obrí la porta, Dones. Mite-les, Còmplices –un monólogo sobre a violencia de xénero que dirixiu Pep Cortés– ou La visita, obra coa que gañou o Premi de Teatre Ciutat d’Alcoi.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Escribo @MANUESGON |

Oitava edición do Festival Vigo en Bruto no Teatro Ensalle

audioguíaschévere |

Audioguías teatralizadas por Chévere na Mariña de Lugo