in

Oitava edición do Festival Vigo en Bruto no Teatro Ensalle

Escribo @MANUESGON

A oitava edición do Festival Vigo en Bruto celebrarase do 18 de maio ata o 10 de xuño. Organizado polo Teatro Ensalle, o festival presenta catro pezas de compañías de creación recente.

Do 18 ao 20 de maio, , un dos membros da compañía Prácido Domingo, presenta As vacación máis longas, unha peza que o creador presenta así: “ Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado coma un cadáver vivo e busca elevarse e desaparecer, mesturándose co po e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo”.

Dende o 25 ata o 27 de maio será a quenda de José Vaquero e Samuel Merino con Mudar a pel. Con e Dirección de Jose Vaquero sobre textos de Samuel Merino, a peza presenta un percorrido vital que vai dende a total inactividade ata o movemento incesante a través do amor como motor universal. Dende a ausencia á presenza. Dende a crenza á creatividade. Baixo a mirada atenta e alentadora da directora de escena Irene Moreira, cristalizou nunha peza de carácter intimista e cargada de verdade.

PUBLICIDADE

En xuño, do 1 ao 3, Incendiaria presentará Eila, un espectáculo que nace a partir de poemas de Rosalía de Castro musicados por Davide González e dirixido por Vanesa Sotelo. Unha obra de arte anónima acorda nun almacén esquecido e que¬re coñecer a súa identidade: Quen é? A quen pertence? Cal é a súa memoria? Cal é a súa intimidade? Coa intención de ir alén do recital, Eila propón unha peza híbrida na que o movemento, a música e a palabra se funden coa intención de desvelar a memoria das voces anónimas que nos habitan e rescatar os referentes que nos envolven.

Finalmente, do 8 ao 10 de xuño, Belabesta Teatro presentará Epiderme, unha peza que nace dun berro contra o paso do tempo, a cosificación da muller, o concepto clásico de maternidade e a violencia social. Un berro que quere explorar a escena a partir do movemento, a instalación, o son e a interpretación nestes tempos onde a agresividade imperante fíxonos esquecer o significado real da palabra dor. Da mestura de diferentes materiais textuais –propios e alleos– armarase unha dramaturxia fragmentaria próxima ao corpo e ás accións, á peza paisaxe e á súa heteroxeneidade de estilos, temáticas e técnicas expresivas.

 

PUBLICIDADE

Foto: Eila, de Incendiaria, por @MANUESGON

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    LuisaVillalta2

    Presentación da ‘Obra Dramática Completa’ de Luísa Villalta

    DSC9617 2

    Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018