A compañía Sólodos estreará Corps Sonore os días 1, 2 e 3 de xuño no Parque Botánico Montealegre de Ourense. Corps Sonore é unha coprodución de Sólodos Cía, Neuf Portes e Centro Coreográfico Galego – Agadic.
SóLODOS participou no programa de coproducións da unidade de danza da Agadic con esta obra, concibida dentro da corrente artística Land Art. Na súa proposta, a compañía de Maruxa Salas e Erick Jiménez utilizará o espazo escénico como metáfora do contexto (lugares urbanos, rurais…) para interactuar co medio de forma directa. A creación da peza xurde, así, do diálogo dos artistas coa contorna, dando pé a unha conversa en múltiples direccións entre a paisaxe, a arquitectura, a música e a danza.
Os pases terán lugar ás 19:00 no Parque Botánico Montealegre. O día 1, ademais, haberá unha función escolar ás 11:30 no mesmo lugar.
Dirección Artística: Erick Jiménez
Axudante de Dirección e Coreografía: Maruxa Salas
Intérpretes creadores: Will Menter, François Melville, Jane Norbury e Erick Jiménez
Dirección Espazo Sonoro: Will Menter
Creación Espazo Sonoro: François Melville, Erick Jiménez e Will Menter
Dramaturxia Escénica: Erick Jiménez
Coreografía e Dirección de Movemento: Erick Jiménez
Deseño de Son: Will Menter e François Melville
Escultor Sonoro e Saxofonista: Will Menter
Percusión: François Melville
Deseño Escénico: Jane Norbury
Dirección Producción: Maruxa Salas
Produción: Manu Lago
Coproducen
Sólodos – Neodans S.C.
Association Neuf Portes
Centro Coreográfico Galego –
Agadic – Xunta de Galicia
Colaboran
Galicia Danza Contemporánea
Auditorio Municipal de Ourense
Concellaría de Cultura – Concello de Ourense
Concellaría de Urbanismo – Concello de Ourense
Concellaría de Educación – Concello de Ourense