in

Sólodos estrea ‘Corps Sonore’ en Ourense

CorpsSonore2

A compañía estreará Corps Sonore os días 1, 2 e 3 de xuño no Parque Botánico Montealegre de Ourense. Corps Sonore é unha coprodución de Sólodos Cía, Neuf Portes e Centro Coreográfico Galego – Agadic.

SóLODOS participou no programa de coproducións da unidade de danza da Agadic con esta obra, concibida dentro da corrente artística Land Art. Na súa proposta, a compañía de Maruxa Salas e Erick Jiménez utilizará o espazo escénico como metáfora do contexto (lugares urbanos, rurais…) para interactuar co medio de forma directa. A creación da peza xurde, así, do diálogo dos artistas coa contorna, dando pé a unha conversa en múltiples direccións entre a paisaxe, a arquitectura, a música e a danza.

Os pases terán lugar ás 19:00 no Parque Botánico Montealegre. O día 1, ademais, haberá unha función escolar ás 11:30 no mesmo lugar.

PUBLICIDADE

 

Dirección Artística: Erick Jiménez
Axudante de Dirección e Coreografía: Maruxa Salas
Intérpretes creadores: Will Menter, François Melville, Jane Norbury e Erick Jiménez
Dirección Espazo Sonoro: Will Menter
Creación Espazo Sonoro: François Melville, Erick Jiménez e Will Menter
Dramaturxia Escénica: Erick Jiménez
Coreografía e Dirección de Movemento: Erick Jiménez
Deseño de Son: Will Menter e François Melville
Escultor Sonoro e Saxofonista: Will Menter
Percusión: François Melville
Deseño Escénico: Jane Norbury
Dirección Producción: Maruxa Salas
Produción: Manu Lago

Coproducen
Sólodos – Neodans S.C.
Association Neuf Portes
Centro Coreográfico Galego –
Agadic –

PUBLICIDADE

Colaboran
Galicia Danza Contemporánea
Auditorio Municipal de Ourense
Concellaría de Cultura – Concello de Ourense
Concellaría de Urbanismo – Concello de Ourense
Concellaría de Educación – Concello de Ourense

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    VillaltaColon

    ‘O paseo das esfinxes’ de Luísa Villalta, no Teatro Colón da Coruña

    FEGATEA3

    Apoio da Consellería de Cultura aos circuítos da Federación Galega de Teatro Afeccionado