in

‘O paseo das esfinxes’ de Luísa Villalta, no Teatro Colón da Coruña

VillaltaColon

Este mércores, 23 de maio, no Teatro Colón da Coruña, a compañía Teatro Proscrito porá en escena O paseo das esfinxes de Luísa Villalta, unha coprodución da , Manarte Producciones e o propio Teatro Colón, dirixida por .

Teatro poético, contemporáneo e clásico a un tempo, tanto na concepción do marco escénico, plasticamente dinámico, como no tratamento da personaxe principal, Lisis, que será interpretada por Sabela Hermida. Xunto a ela, Amalia Gómez, Rebeca Montero, Isabel Blanco, Manuela Varela, Ana Rodríguez, Pedro Picos, Xosé Bonome e Javilópez, completan o elenco dunha obra que pretende ser unha homenaxe á figura de Luísa Villalta.

A protagonista interpela ás sombras das esfinxes na evocación da infancia perdida, da emoción inocente do primeiro amor e dos desexos inefábeis que nela producía “aquela canción que falaba do mar”. Mais a súa voz, con convición e sen amargura, establece unha intensa comunicación co espectador cando expresa os sentimentos e reflexións que proporciona a elección dun camiño persoal autónomo e incerto.

PUBLICIDADE

Lisis, rebélase diante do destino que lle agarda e que lle deseñaron. Unha actitude vital que devén na procura de instantes de plenitude efémeros que se esvaen tan de présa como as ondas do mar borran as pegadas humanas deixadas sobre a area.

A estrea da obra ten lugar despois da presentación do volume que reune a obra dramática completa da autora.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Adela Figueroa

    Adela Figueroa gaña o Concurso de Teatro Infantil da A. C. O Facho

    CorpsSonore2

    Sólodos estrea ‘Corps Sonore’ en Ourense