in

Adela Figueroa gaña o Concurso de Teatro Infantil da A. C. O Facho

Adela Figueroa

Pingas, de Adela Figueroa Panisse, foi a obra gañadora do Concurso de convocado pola Asociación Cultural O Facho.

Adela Figueroa Panisse, naceu en Lugo, e viviu en Pontevedra, onde desenvolveu a maior parte do seu labor profisional, participando na maioría dos eventos que teñen a ver coa cultura e a educación en Galicia. Xa de estudante participa como vogal da Asociación Cultural O Galo (Santiago de Compostela) e mais adiante como profesora de Instituto (é catedrática de Bioloxia e Xeoloxia) nos Movimentos de Renovación Pedagógica desde o seu inicio. Foi cofundadora da ASPG e da Revista do Ensino, da que foi Directora. Tamén participou na fundación de ADEGA. Foi colaboradora científica do Semanario A Nosa Terra durante os primeiros anos da sua andaina.

Figueroa tamén foi membro da ISSOL (Asociación internacional para a investigación da orixe da vida), participando en varios congresos da Asociación, así como da Asociacion Española de Biotecnologia. Traballou na Universidade do Minho (Braga) no Dep de Química Pura e Aplicada, xunto co Dr Hernâni Maia, e no Instituto da Educaçao, co Dr Elias Blanco como bolseira do Instituto de Lingua e Cultura Portuguesa. Foi colaboradora do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza e da Asociación de Ensinantes en Ciencias de Galiza (ENCIGA).

PUBLICIDADE

Ten publicado libros de poesía como Vento de Amor ao Mar ou Xanela Aberta, un libro de relatos en chave femenina, Madeira de Muller, e obras de literatura para a infancia e mocidade como O Rei da Floresta e O misterio da escada interior.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    LUPPO 1

    Sarabela Teatro, Baobab e Elefante Elegante, no Fazer a Festa 2018

    VillaltaColon

    ‘O paseo das esfinxes’ de Luísa Villalta, no Teatro Colón da Coruña