in ,

Apoio da Consellería de Cultura aos circuítos da Federación Galega de Teatro Afeccionado

FEGATEA3 |

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), Mª Consuelo Pampillón Alonso, veñen de asinar un convenio de colaboración a través do que o departamento de Cultura da Xunta de Galicia apoiará un circuíto teatral a nivel autonómico organizado pola devandita entidade, cunha achega de 30.000 euros.

Deste xeito, facilítase a difusión do teatro amador ao longo e ancho do territorio galego. Cómpre sinalar, ademais, que FEGATEA tamén está a promocionar o teatro amador galego no resto do Estado e mesmo en Portugal a través da Plataforma PLATTA, da que fai parte xunto coaFederación de Teatro Amateur de Castilla y Léon, o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana e a erregueté | Revista Galega de Teatro.

O circuíto teatral consiste na programación de catro funcións teatrais por sede –repartidas por toda Galicia–, cun total de 60 representación, das que FEGATEA achegará 12 funcións de teatro. Ademais, desenvolveranse outras 6 funcións entre o Salón Teatro e o Teatro Principal de Santiago, que achegarán á capital galega as últimas propostas escénicas de grupos federados das catro provincias.


Publicidade

Desta forma o circuíto promove a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro –que non poderán actuar na cidade na que radica o seu domicilio social–, o que redunda nun importante movemento económico, tanto no relativo ao desprazamento, como no que atinxe ás actividades vencelladas: vestiarios, iluminación, sons..

FEGATEA está composta na actualidade por 53 agrupacións teatrais representativas das catro provincias galegas, o que constitúe a maior estrutura teatral organizada que existe neste momento en Galicia. Compre salientar, ademais, que os grupos federados contribúen a desenvolver o movemento cultural e social das súas respectivas localidades.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CorpsSonore2 |

Sólodos estrea ‘Corps Sonore’ en Ourense

GEP18 |

Xa está dispoñible o programa de Galicia Escena Pro 2018