A Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual A.L.A.S. A Coruña concede o Premio Marcela e Elisa á compañía de teatro A Panadaría, por ter sido capaces de espertar o aplauso de crítica e público co seu espectáculo teatral, Elisa e Marcela – Historia que parece conto. Segundo a asociación, “esta peza teatral reivindica afectos, sentimentos e sexualidades afastadas das normas do heteropatriarcado”.
A entrega do premio terá lugar na sala NO IMPORTA da Coruña e será presentada pola xornalista coruñesa Loreto Silvoso, vicepresidenta segunda da Asociación de Prensa da Coruña e redactora de Radio Voz e con música a cargo do grupo Miss Lane & the Kryptonians. A entrada será libre e gratuíta.
Elisa e Marcela recibiu os premios ao mellor espectáculo, á mellor dirección, á mellor actriz protagonista e ao mellor texto orixinal na última edición dos Premios María Casares e foi galardoada no I Concurso de Ideas Luísa Villalta convocados pola Deputación da Coruña.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



