in

A Panadaría recibe hoxe o XIV Premio Marcela e Elisa

PremiosMarcela

A Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual A.L.A.S. A Coruña concede o Premio Marcela e Elisa á compañía de teatro , por ter sido capaces de espertar o aplauso de crítica e público co seu espectáculo teatral, Elisa e Marcela – Historia que parece conto. Segundo a asociación, “esta peza teatral reivindica afectos, sentimentos e sexualidades afastadas das normas do heteropatriarcado”.

A entrega do premio terá lugar na sala NO IMPORTA da Coruña e será presentada pola xornalista coruñesa Loreto Silvoso, vicepresidenta segunda da Asociación de Prensa da Coruña e redactora de Radio Voz e con música a cargo do grupo Miss Lane & the Kryptonians. A entrada será libre e gratuíta.

Elisa e Marcela recibiu os premios ao mellor espectáculo, á mellor dirección, á mellor actriz protagonista e ao mellor texto orixinal na última edición dos Premios e foi galardoada no I Concurso de Ideas Luísa Villalta convocados pola Deputación da Coruña.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    cabezadodragocc81n

    Unha función especial de ‘A cabeza do dragón’ con música en directo

    teatroinclusivo eventoweb wide

    Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2018