O programa Circo nos parques celebrarase entre os días 11 e 23 de xullo nos parques e zonas vedes próximas aos centros nos que a Concellaría de Centros Cívicos de Compostela desenvolve o seu programa de campamentos de verán. As actuacións serán sempre ás 11:30 horas e correrán a cargo da compañía Circo Chosco.
A actividade comezará o 11 de xullo en Fontiñas e ao día seguinte trasladarase ao Castiñeiriño, celebrándose o 13 de xullo no exterior do centro de Conxo. Xa o día 16, o circo chegará a Santa Marta, o 17 será no Romaño e no 19 no exterior do centro da Gracia. O programa Circo nos parques rematará o día 23, na contorna do Centro Cívico de Vite.
As actuacións, dunha hora de duración, trasladaranse en caso de choiva ao centro cívico máis próximo. A actividade é de balde e non precisa inscrición.