in

Hoxe comeza o programa da VIII edición de Corpo (a) terra

PisandoOvosGiveIt |

A euforia do corpo: iso é o que pretende recuperar esta edición do festival Corpo (a) terra,. E farao saíndo de Ourense para se expandir por Nogueira de Ramuín e Allariz, nun anhelo de estender a danza máis alá da contorna urbana de Ourense.

As actuacións do festival comezarán precisamente hoxe, venres 6, en Nogueira de Ramuín, onde Ánxela Blanco presentará Voo, un traballo aínda en proceso. Tamén hoxe en Nogueira de Ramuín, o madrileño Jesús Rubio Gamo estará no Claustro dos Bispos de Santo Estevo de Ribas de Sil con Ahora que no somos demasiado viejos todavía, unha peza de 2016.

Mañá, sábado 7, Corpo (a) terra desprázase ata Allariz, onde a partir das 20:00, Victoria P. Miranda (Euskadi) presentará, na Praza de Abaixo, And That´s why I´m here today. Seguirán Desexo, da Compañía Maximiliano Sanford do Brasil con Carlos Beluga e Clara Ferrao, nos xardíns do Fogar do Maior; Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, de Prácido Domingo, na Praza do Carboeiro; e, para rematar, Give it a spin, de Pisando Ovos, de novo na Praza de Abaixo.

O segundo bloque da programación terá lugar en Ourense a partir do día 12 de xullo e comezará ás 20:00 cunha instalación da artista suíza Léa Meier –que elaborará “bañadores feministas” en directo– na Praza de Santa Eufemia, para seguir na mesma localización coa actuación de Arnau Pérez, de Cataluña. Ás 21:30, na Praza de San Martiño, Tina Halford e Raul Martínez (Alemaña-Salvador) mostrarán Schatten e, xa ás 22.15, na Praza de San Marcial, a compañía Fil d’Arena rematará a xornada con Salt, un espectáculo que enfoca a súa mirada no universo da muller refuxiada que se enfronta a unha sociedade mercantil.


Publicidade

O 13 de xullo, Free Project “liberará os baños da cidade”. Ás 21:00, e dentro da colaboración do Festival con Sólodos, os gañadores deste certame, os mexicanos Carla Segovia e Guillermo Aguilar presentarán a peza coa que resultaron vencedores, One Hit Wonder. A compañía Lasala estará ás 21:30 no Mirador de San Francisco con IU e ás 22:30, no Claustro de San Francisco, o esloveno Jurij Konjar traerá ao público do festival Att18.

O festival péchase o día 14 con Mai Ínsua, ás 20:00 nos Xardíns do Posío, coa artista suíza Lucie Eidenbenz e a súa Osteopatía polo espazo, e coa almeriense Irene de Paz e La madeja. Un dos momentos máis espectaculares terá lugar ás 22:00, cando Vero Cendoya transforme a Praza Maior nun campo de futbol adaptando ao contexto galego a súa peza La partida. Finalmente, Corpo (a) terra rematará por este ano co concerto de Ariah Lester en San Martiño.

Enxebre, o programa de formación do festival, xa comezou o pasado día 4 de xullo, con cursos a cargo de Jurij Konjar, Tina Halford, Jesús Rubio Gamo, Raúl Martínez e Victoria P. Miranda.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

NaButacaCangas |

Na butaca (fantasía nº 3 en Dor Maior)

NomadesXaropeTulu |

Nómades