As rúas e praza do centro histórico acollerán once espectáculos de animación, música, teatrais e de fogo os días 7, 8 e 9 de agosto.
Nove compañías, once espectáculos de rúa. Animación con maiúsculas. A volta temos unha nova edición de Itineranta, e xa van nove, o que fai do Festival de espectáculos de rúa itinerantes de Pontevedra un clásico no calendario festivo do verán da cidade e que avanza a chegada das festas da Peregrina.
Itineranta é o único festival do estado dedicado exclusivamente a espectáculos de rúa itinerantes. Este ano regresa ás rúas de Pontevedra na súa IX edición os días 07, 08 e 09 de agosto, con diferentes propostas de espectáculos de rúa.
Itineranta comeza o martes 7 ás 20:00 cos clowns de Asaco Producciones (Mérida) e Tanque Gurugú, un espectáculo cómico que desenvolve no seu percorrido a relación entre un iogui clown, que se dedica a quitar fronteiras, e un tenente pallaso que xunto a un cabo piloto, van nun tanque repoñendo as fronteiras. Veñen dende o Monte Gurugú facendo que os asistentes sexan refuxiados e desplazados.
Ás 21:00, Yera Teatro encherá Pontevedra de zancudos, patinadores, malabaristas e un gran zeppelin con Nómadas: un grupo de personaxes excentricos e divertidos viaxan nun antigo zepelin, tentando mostrar diferentes habilidades e disciplinas que aprenderon nas suas múltiples viaxes.
As 22:00, os franceses Remue Menáge presentarán un dos pratos fortes do programa, Abysses [na foto]. Dende unha profundidade inmensa, o Abismo é un mundo fascinante, que se perde máis alá da nosa mirada. Dende o auxe da súa bóveda esquiva, este espectáculo-concerto mergúllanos nunha pintura aérea onde o ceo e o mar se unen. A través de impresionantes pinturas que combinan circenses, música, danza, video e pirotecnia, o espectador sorpréndese deste asombro espectáculo, no que unha constelación de criaturas mariñas vén a alimentar este mosaico que flúe cara á escena como unha onda que abre o camiño cara ao público.
O mércores 8, ás 20:00, Scura Splats (Castellón) traerán La selva. A selvainvade a cidade con personaxes dunha tribu calqueira das moitas que a habitan. Os grandes animais foron domesticados polos humáns, pero rixense polos seus instintos e a veces asustanse e atacan todo aquelo que pon en perigo as sus vidas.Durante o percorrido, a tribu executará coreografías e rituais nos que o público participará dun xeito activo.
Ás 20:30, os vigueses de Troula presenta a súa nova creación Psycodelia, na que unha serie de personaxes extravagantes, curiosas e raras enchen as rúas coas suas cores e formas estrañas, animando a todos a participar das súas estrambóticas danzas.
Ás 21:15, Discípulos de Morales, de Castellón, traen a Pakonstein, unha marioneta de 4,5 m de altura manexada polos seus catro pais. Pakonstein non é só un monstruo de aspecto pouco agraciado: é unha víctima, un subproducto dun mundo onde son máis importantes os logros a nivel persoal e a fama que o propio benestar das persoas de ben, poderíamos dicir pois que Pakonstein non e máis cun síntoma dunha sociedade enferma.
Ás 21:45 Yera Teatro repite, esta vez con Lumen, un pasarrúas nocturno, no que diversas marionetas xigantes pasean e se moven coreograficamente ao son da música. Un espectáculo asombroso, no que elementos de grandes dimensions desprenden luz grazas a dispositivos led.
O xoves 9 ás 20:00, Inventi Teatro percorrerá as rúas da cidade con A Tropa do Doutor Milagre: sofre alopecia? Séntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre e desaparecerán todos os seus problemas! Agobiado polas débedas e coa necesidade imperiosa de facer fortuna, este atolado médico/inventor farase cun vello autobús para convertelo nun auténtico show da venda ambulante.
Ás 20:30, Forani Teatre de Tarragona e a súa Banda foránea trasladarán a enerxía da música balcánica, o romanticismo das fanfallas francesas, a fortaleza das parellas do noso país, o exotismo da música árabe, o carácter festivo da tarantella italiana e a sorpresa da música circense.
Ás 21:15, os madrileños Bambolea presentan Móvil: un globo aerostático doutra época chega as rúas xunto a unha tripulación que festexa o aterrizaxe con música e habilidades fantásticas. Zancudos, malabaristas, fume de cores, contorsionistas, música de violins, pompas de xabón, carcajadas, equilibristas. Unha divertida aventura que non sabes onde termina.
Finalmente, ás 22:15, Scura Splats poñerá o punto final a Itineranta con Cavaltheos foc: a tribu dos Sus Scrofa perderon o lume e non coñecen a técnica para crealo. Para conseguilo teñen que ir buscalo a algún volcan. Sen o lume están a merced das bestas salvaxes e do clima. Por fin e por casualidade, un lóstrego regalalles o lume e con él volven á aldea. Durante a viaxe son atacados por bestas salvaxes, a ira dos deuses e o frío. Por fortuna o lume non para de lanzar chispas e provocar o xogo entre o público. A comitiva chega á aldea e o lume e depositado no seu templo e iniciase o ritual final co que se pretende que o lume non volte desaparecer.