in

Convocada a III Edición do Concurso de Monólogos LINGUAreteando

Linguareteando |

A Concellaría de Mocidade e a Concellaría de Cultura a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Barbadás convoca a III Edición do Concurso de Monólogos LINGUAreteando co obxectivo de promocionar as iniciativas culturais e artísticas e promover o uso da lingua galega, ofrecéndolles a oportunidade de amosar as súas dotes interpretativas ante o público.

O concurso axustarase ás seguintes Bases:

 

Primeira.- Modalidade

Establécese unha única modalidade de concurso, dende os 16 anos.

 

Segunda. Participantes

Poderán participar todas as persoas cuxa idade supere os 16 anos. No caso das persoas menores de idade deberán achegar unha autorización o pai, nai ou persoa que ostente a titoría legal.

Os traballos que se presenten serán de carácter individual, realizados en galego e que non fosen publicados nin premiados en ningún outro concurso.

 

Terceira. Tema e contido

O tema e contido dos monólogos é libre. As persoas participantes poderán realizar o seu monólogo sobre o asunto que desexen e este será de carácter humorístico, retranqueiro, irónico ou de sátira social.

Non poderá ter un contido que supoña o fomento da discriminación de ningún tipo nin que supoñan amparar condutas sexistas, contrarias á diversidade das persoas ou ofensivas para calquera colectivo social. Nese caso poderán ser eliminados.

 

Cuarta. Fases do concurso e desenvolvemento

1.- O concurso desenvolverase en tres fases: unha previa de preselección, fase eliminatoria e gala final.

a) Na fase de preselección un xurado, composto por tres persoas nomeadas pola Concellaría de Mocidade e a Concellaría de Cultura, puntuará os vídeos presentados polas persoas participantes. O xurado realizará a preselección de 10 obras como máximo avaliando a orixinalidade, comicidade, calidade da actuación e do guión.

Outras 2 obras serán seleccionadas por votación popular a través da páxina web linguareteando.barbadas.gal resultando seleccionadas as dúas que obteñan máis votos. As votacións desenvolveranse entre o 11 e o 19 de outubro ás 23:59.

Para a realización da preselección deberán presentar no momento da súa inscrición un anaco do monólogo gravado en formato vídeo (mov ou mpeg/mpg). A gravación poderá facerse por medio de calquera tecnoloxía e terá unha duración de entre 3 e 5 minutos. Os vídeos serán remitidos até o 10 de outubro.

O día 23 de outubro farase pública a relación de persoas preseleccionadas e procederase a notificar aos e ás interesadas as datas para a súa participación na seguinte fase.

 


Publicidade

b) Na fase eliminatoria os e as concursantes seleccionadas/os actuarán ante o público, no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María, desenvolvendo o seu monólogo cunha duración de entre 15 e 20 minutos. Nas datas que se determinen, e que se lles comunicará con suficiente antelación, e desenvolveranse os días 26 de outubro, 9 e 16 de novembro. En cada unha das datas realizarase a exposición de catro monólogos máximo.

  • Para establecer os premios do concurso seguirase o seguinte procedemento:
    60% da puntuación corresponderá ao xuízo que estableza o xurado. O xurado poderá puntuar cada monólogo de 1 a 6 puntos.
  • 20% ao público asistente ás actuacións. As persoas asistentes como público a cada gala puntuarán a cada participante outorgándolles entre 1 e 10 puntos. Feita a media da puntuación obtida por cada persoa concursante en cada gala, a que obteña maior puntuación recibirá 2 puntos e a segunda máis votada, 1 punto.
  • 20% da puntuación corresponderá aos votos online obtidos polos vídeos na páxina web linguareteando.barbadas.gal O vídeo que obteña maior número de votos recibirá 2 puntos e a segunda máis votada, 1 punto. As votación desenvolveranse desde o día 20 até o día 28 de novembro ás 12 da noite.
  • En caso de empate nas votacións online e público será o xurado quen decida.

As persoas concursantes que resulten preseleccionadas para participar na fase eliminatoria recibirán a cantidade de 100 €.

 

c) A gala final terá lugar na Casa da Cultura Manuel María o día 30 de novembro e no seu transcurso farase a entrega do premio.

 

2.- Todas as persoas participantes deben acatar as bases do concurso, datas, horarios e as decisións do xurado. No caso de discrepancias ou cuestións non recollidas nestas bases a decisión do xurado e da organización serán as válidas e a súa resolución deberá estar fundamentada nos criterios de racionalidade, igualdade e equidade.

A organización do concurso queda eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou calquera outra vulneración legal na que puidese incorrer calquera das persoas participantes.

 

Quinta.- Inscrición

A documentación que se solicita poderá enviarse por correo postal, correo electrónico [email protected] (confirmando o envío por teléfono), a través dun rexistro público ou na propia Casa da Cultura Manuel María, xunto coa ficha de inscrición, que figura como Anexo I a estas bases, debidamente cumprimentada.

III Concurso de Monólogos LINGUAreteando
Concello de Barbadás
Concellaría de Cultura/Concellaría de Mocidade
Rúa San Bernabé nº 37
Barbadás
[email protected]
988 24 68 85

O prazo de presentación remata o día 8 de outubro de 2018.

 

Sexta.- Documentación

  • Fotocopia do DNI. (ou DNI escaneado)
  • Ficha de Inscrición (Anexo I)
  • Escrito de autorización no caso das persoas menores de idade.
  • Vídeo resumo do monólogo

 

Sétima.- Premios

Farase entrega dun único premio de 1.000 € ao concursante que obteña a maior puntuación. Ao premio de practicaráselle a retención do IRPF correspondente, segundo a lexislación vixente.

 

Oitava.-

A Concellaría de Mocidade e a Concellaría de Cultura do Concello de Barbadás resérvanse o dereito de utilizar as gravacións das actuacións nas condicións que considere máis adecuadas para a consecución da súa maior difusión.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

HakunaMatata |

O Titirideza volve a Lalín

Commedia09 |

Commedia, un xoguete para Goldoni