in

Volven as Ultranoites de Chévere

Ultranoite |

A compañía Chévere anuncia unha nova Ultranoite no auditorio Constante Liste da Ramallosa, Teo para o mes de setembro. Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Arantza Villar, Mónica García, Borja Fernández e Serxio Zearreta, ademais dos músicos da Ultrabanda –Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián– ofrecerán unha nova edición deste cabará en seis funcións repartidas en tres fins de semana, os días 14, 15, 21, 22, e 28 e 29 de setembro.

Como é habitual, esta Ultranoite contará en cada función con artistas convidadas que irán cambiando cada fin de semana: AldaoLado, Carlos Santiago, Clara Gayo, Akira e Diego Anido.

No mes de xaneiro de 1993, o grupo Chévere creou un espectáculo titulado Ultranoite para a Sala Nasa. Tratábase de poñer en valor e actualizar xéneros populares como o teatro de variedades, a revista ou o cabaré. Fíxose un chamamento a actores, actrices, músicos, vedetes, cantantes e artistas en xeral que estivesen dispostas a usar o teatro, a música e o vídeo para facer escarnio da actualidade política, cultural, económica e social. Dende entón pasaron 24 anos e a Ultranoite segue en cartel, agora no concello de Teo, fiel á súa cita co público, converténdose nun espello deformante e, ás veces, máis real, do que pasa ao noso arredor. A Ultranoite converteuse nun dos sinais de identidade do teatro en Galicia. Un lugar de encontro e colaboración para artistas, no que se xestaron amizades, relacións, espectáculos e, sobre todo, unha complicidade total cun público que non deixou de medrar durante máis de dúas décadas.


Publicidade

As entradas adiantadas están á venda en Redenasa.tv (internet) e nos seguintes locais: A Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea), A Capilla (Calo), Panadaría San José (Cacheiras) e bar El Muelle (Compostela).

Están á venda tamén as entradas con BUS de ida e volta entre Compostela e Ramallosa. As entradas restantes poranse á venda na billeteira da sala unha hora antes do comezo da función.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

sealgumavezCaldeira2 |

Algures a Nordeste: danza contemporánea portuguesa en Vila Real e Bragança

Buxiganga |

Calendario de actuacións do programa Buxiganga na provincia de Lugo