Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Etiqueta: Diego Anido
AveLina Pérez reanuda a programación en Ensalle con ‘A que non podes dicir cocacola?(II)’
A estrea de A que non podes dicir cocacola? (II), de AveLina Pérez retoma a programación en Teatro Ensalle. O espectáculo que onte se presentou na sala viguesa e que poderá verse ata este domingo 20 de setembro, abre unha nova tempada que inclúe compañías como Teatro Ensalle, Diego Anido, Marta Alonso Tejada e o […]
O teatro que vén en 2019
Co comezo do ano comezan tamén as estreas e as novidades. Aquí tendes algunhas das obras das que se falará nos primeiros meses deste 2019. O inevitable Con este proxecto, O Inevitable, nace o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura […]
Escenas do Cambio volve a Compostela en febreiro
A quinta edición de Escenas do cambio chega ao Gaiás do 7 ao 16 de febreiro afondando nas liñas que lle outorgaron identidade ao encontro, e afondando no concepto de disidencia como eixo das súas actividades. Escenas do cambio chega á súa quinta edición insistindo en rachar coa idea de escena pechada e de […]
Titiriberia estrea ‘As variétes de Barriga Verde’ na Feira de Francos
O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, estrea hoxe sábado ás 21:30, As varietés do Barriga verde, montaxe de produción propia que pretende reproducir, cunha óptica actual, os espectáculos que a familia Silvent realizaba na súa barraca de xeito previo á representación da obra de Barriga Verde. Con ese espírito, a produción reunirá as actuacións […]
Comeza en Teo o III Festival Titiriberia con Fantoches Baj
O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña, comeza hoxe coa programación da súa terceira edición, que se celebrará até o vindeiro domingo 11 de novembro. En total, o festival ofrecerá doce funcións espalladas pola xeografía teense […]
O III Festival Titiriberia acolle dúas estreas sobre a figura de Barriga Verde
‘Titiriberia. Olladas sobre o cristovos’, que se celebra entre o 4 e o 11 de novembro no Concello de Teo, inclúe un total de 12 funcións, mesas redondas, conferencias e obradoiros espallados pola xeografía do municipio O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de […]
O III Festival Titiriberia celébrase entre o 4 e o 11 de novembro en Teo
‘Titiriberia. Olladas sobre o cristovos’ amplía a súa duración ao estender a programación ao longo de sete días de representacións, obradoiros e mesas redondas O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña, celebrará a súa terceira […]
Volven as Ultranoites de Chévere
A compañía Chévere anuncia unha nova Ultranoite no auditorio Constante Liste da Ramallosa, Teo para o mes de setembro. Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Arantza Villar, Mónica García, Borja Fernández e Serxio Zearreta, ademais dos músicos da Ultrabanda –Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián– ofrecerán unha nova edición […]
O programa Residencias Paraíso abre ao público os proxectos de 2017
O programa Residencias Paraíso, organizado polo Colectivo RPM para impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento, presentouse o mércores 29 de novembro en A Coruña a través dun encontro que reuniu aos axentes implicados na iniciativa. Despois da presentación aos medios de comunicación do “Encontro Artistas 2017 #ResidenciasParaíso”, a sesión matinal […]