in

Diego Anido estrea ‘O deus do pop’ no Principal de Compostela

O deus do pop. Diego Anido
'O deus do pop'. Diego Anido.

Despois dun extenso proceso de creación, que supuxo varias residencias artísticas en diferentes espazos, como o Teatro Ensalle de Vigo, esta fin de semana, Diego Anido estrea no Teatro Principal de Santiago de Compostela O deus do pop.

A peza é unha autobiografía de carácter fantástico, a medio camiño entre a vida de Anido, na Galiza dos anos oitenta, e a dunha estrela do pop americana.

Desde a tenrura e o humor absurdo, reflexiona sobre como cada persoa crea un relato para conformar a súa identidade, entre as vivencias pasadas e os desexos futuros.

Publicidade

O dios do pop é un espectáculo unipersoal de Diego Anido, quen leva xa vinte cinco anos na creación contemporánea. Acompáñano, na equipa artística, Borja Fernández, Pablo Rosal e Jose Díaz, como axudantes de dirección; Montse Piñeiro, Pedro Fresneda e Raquel Hernández, no deseño de luz; Xavier Bértolo, no deseño de son; Carmen Triñanes, no espazo escénico; Guillermo Weickert, na asesoría de movemento; Víctor Duplá, na asesoría da interpretación actoral; Pablo Rosal e Jose Díaz, botáronlle unha man coa dramaturxia; a produción e de Jose Díaz; e tamén figura Raquel Regueira como “Asesoría para equilibrio mental”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Isadora Duncan e as súas alumnas. Museo Galliera. París. Archives Charmet

A Isadora Duncan de Jérôme Bel e a pedagoxía radical da danza libre

Fotografía de Keagan Henman.

O lobby do teatro