in

O lobby do teatro

Fotografía de Keagan Henman.
Fotografía de Keagan Henman.

En tempos de pretendida confusión, sospeita constante e estrés pos-traumático dun trauma non claramente definible con palabras, existe un monstro que se erixe, por enriba de ventos e mareas, para comandar os exércitos da corrupción, a difamación e a calumnia: o lobby.

Se buscamos en Google esta curiosa palabra, atopamos isto: “Grupo de presión formado por persoas para premer sobre un goberno ou unha empresa, especialmente no relativo ás decisións políticas e económicas.”

É este un termo que me fascina porque a mínimo que te poñas a darlle voltas, os do teatro somos un lobby tremendo, espectacular e claramente perigoso.

Publicidade

Eu de adolescente quería sen un rebelde total. Opoñerme ás lóxicas do mundo, ás lóxicas dos meus pais e ás lóxicas dos sistemas de lóxica que se estudan nos institutos. Quería aquel Pablo ser un revolucionario total. Pero aquel Pablo tiña un problema, que de revolucións non sabía nada. Era un romántico. Fixen o que puiden sen saber demasiado e polo menos entendín que algo non ía ben. E fose o que fose ese algo, era malo para min, para a xente e para todos.

Cando algo máis adiante fun absorbido pola masa de conspiradores teatrais, funme afastando de todas aquelas ideas de xuventude. Sen darme conta que a esencia do que estaba a facer ía tamén nesa dirección, porque enriba dun escenario podíase facer o que se quixera e dicir que o que fose. E tremenda liberdade esa. Que privilexio.

O teatro por real, oponse de maneira frontal á irrealidade na que están somerxidos os días. O que é certo ou non resulta case infantil ante a inmensamente completa tarefa de atopar o que é real.

O teatro fai presión. Empurra o falso, o que non é, para achegar claridade e saúde. E quen se pode sentir aludido? Pois non o sei. Quen queira que garde o lixo baixo a alfombra e camiñe por ela coma se nada.

O teatro pode ser un lobby que presiona e impresiona. Sería este un lobby necesario? Eu supoño que si. Supoño que é necesario ofrecer resistencia ante os monstros. Sempre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pablo Carrera Simón

Pablo Carrera Simón

(Vigo, 1991) Master en Artes Escénicas polo Instituto de la Danza Alicia Alonso & URJC. Graduado en Interpretación Textual e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. Dende o ano 2019 presenta o podcast Procastination e é un dos fundadores da Asociación Galega de Commedia dell'Arte. As palabras fante conservador ou revolucionario. E nesas andamos.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

O deus do pop. Diego Anido

Diego Anido estrea ‘O deus do pop’ no Principal de Compostela

Alba Fernández Cotelo. Cía. Exire. Foto Miguel Gendre.0

A gala de SóLODOS en Danza na catedral do Gaiás