A Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia (PAM) conmemorará o Día da Danza o próximo venres 1 de maio en Vigo. Será cun programa aberto a todas as persoas afíns á danza.
Comezará ás 16 horas no espazo Caixa de Ritmos (Canellón Canos 9), para confeccionar pancartas que decorarán a zona de baile e acompañarán na posterior marcha colectiva.
Ás 18 horas haberá un encontro no Paseo de Alfonso XII para comezar a Deriva, unha marcha colectiva bailada ata a Praza do Pobo Galego (rúa Doutor Cadaval, 5). Alí, a partir das 19 horas as persoas asistentes bailarán xuntas na Rave Invertida dinamizada polo Djset de Nu.Eva, na que lanzan un convite a “colectivos e grupos de debuxantes para inmortalizar ese momento”. Posteriormente, pecharase a xornada cun bingo dinamizado por Daniel Lezso.
Os carteis do evento foron feitos por Andrea Quintana e toda a organización do programa parte da propia Asociación PAM.
- Titiriberia celebra a súa undécima edición - 13/08/2026
- O FIOT desvela as pezas finalistas do X Certame Metro Cadrado - 11/08/2026
- Arranca a XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño - 03/08/2026



