in , , ,

O FETEGA mantén a aposta polo teatro galego con catro días de programación

O Premio de Honra Dorotea Bárcena será para “Tatán”

programacion fetega 2022

O Festival do Teatro Galego do Carballiño presenta a 33ª edición que se desenvolverá do 6 ao 9 de setembro con catro días de teatro e actividades en exterior e interior.

Carlos Ledo, director do festival, agradeceu durante a presentación da programación ás máis de 100 obras presentadas das que fixeron unha escolla para unha “programación pura de teatro, sen adornos, e actividades complementarias. Eliximos estar ao lado das / dos profesionais artísticos e técnico-artísticos, ao lado do tecido industrial cultural”, sinala Ledo.

O programa conta con tres estreas que levan a marca Fetega: Xerpo presenta Rapsofá; Coucheiro presenta Home; e Producións Dispersas presenta “Mentres dure a canción”. Complementa esta programación as compañías de Diego Anido, que presenta o espectáculo O Rei do Pop e Inversa Teatro co espectáculo “O Péndulo” e coa presencia de Barafunda un ano máis cos espectáculos de rúa.


Publicidade

Todas as actividades serán de balde, agás as representacións vespertinas no auditorio a prezos reducidos (6 euros cada función). Ademais, haberá un pack especial para as 5 funcións a un prezo reducido de 25 euros.

Programación FETEGA 2022

MARTES 6
11:00 h. A Maruxaina do Arenteiro – Barafunda
17:00 h. A Maruxaina do Arenteiro – Barafunda
19:30 h. A Maruxaina do Arenteiro – Barafunda
20:00 h. O Péndulo – Inversa Teatro

MÉRCORES 7
11:00 h. A Pomba que te alegra – Barafunda
17:00 h. A Pomba que te alegra – Barafunda
19:30 h. A Pomba que te alegra – Barafunda
20:00 h. O Deus Pop – Diego Anido

XOVES 8
11:00 h. O Titiriteiro e o Demo – Barafunda
18:00 h. O Titiriteiro e o Demo – Barafunda
19:30 h. O Titiriteiro e o Demo – Barafunda
20:00 h. Mestre ma non troppo – O Barandullo Azul
20:00 h. Rapsofá – Xerpo

VENRES 9
11:00 h. Octavio e o Premio – Barafunda
17:00 h. Octavio e o Premio – Barafunda
19:30 h. Octavio e o Premio – Barafunda
20:00 h. Home – Cou.media – Antón Coucheiro
22:30 h. Mentres dure a canción – Producións Dispersas

Eduardo R. Cunha Tatán
Eduardo R. Cunha Tatán falando ao público. Foto: cedida

Premio de Honra 2022 para Tatán

O FETEGA concede o Premio de Honra Dorotea Bárcena a Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, pola súa ampla traxectoria de 39 anos nos que comezou como marionetista e se converteu nun referente do teatro de obxectos en Galicia. Co recoñecemento persoal a Tatán o FETEGA quere extender o premio a esta arte escénica. Pero máis alá da faceta profesional, o premio quere “destacar a versatilidade dun home que tamén se ten desenvolto coa excelencia da profesión como actor enriba dos escenarios e diante das cámaras cinematográficas. Tal é paixón artística de
Tatán que tamén está presente na interpretación musical”, sinalan dende a organización.

Tatán recibiu recentemente o recoñecemento da MIT de Ribadavia, ao que se suma este novo premio.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

maruja mallo |

Cartografía en movemento

GARGALLADA TEATRO UN DESASTRE DE FUNCION

O Festival Agustín Magán programa seis obras de teatro amador en Santiago