in ,

Diego Anido gaña o XXIII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva

O xurado valorou o seu traballo de creación, investigación e interpretación na peza ‘O deus do pop’

O deus do pop. Diego Anido
'O deus do pop'. Diego Anido.

O XXIII premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva, correspondente ao ano 2023, xa ten gañador. O xurado, integrado por don Anxo Rei Arca, alcalde do Concello de Padrón; por lnma López Silva, escritora e profesora na ESAD de Galicia; Carlos Caetano Biscainho Femándes, actor e profesor da Universidade da Coruña; Afonso Becerra, dramaturgo, profesor da ESAD de Galicia e director da erregueté | Revista Galega de Teatro; e Roberto Pascual, profesor na ESAD de Galicia e director da MIT de Ribadavia, como vogais especialistas no teatro galego; e por  Mª Cruz Taboada Alvarez, animadora social do Concello de Padrón, que actuou como secretaria; resolveu por unanimidade outorgar o premio a Diego Anido.

O xurado valorou “o seu traballo de creación, investigación e interpretación na peza O deus do pop, así coma a súa dilatada traxectoria nos ámbitos do teatro de obxectos e físico, amasando sempre unha abraiante capacidade para a innovación artística, para a audacia creativa e para construción  dramatúrxica desde as linguaxes híbridas”, tal e como se recolleu na acta de resolución do premio.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

[O SISTEMA] CPL © Dinis Santos

Celebra-se a 6ª ed. Festival Encontros de Novas Dramaturgias

AlvaroArribi BERRO3

Os Premios Max 2024 teñen candidaturas galegas