O Festival de Obxectos e Monicreques Festea regresa por terceiro ano ao concello ferrolán con interesantes propostas que se lle ofrecerán ao público durante as fins de semana de outubro e novembro.
En total, na III edición de Festea participan nove compañías de Galicia, Aragón, Valencia, Andalucía, Navarra e mesmo unha de Italia, cun total de 15 funcións (sábados e domingo) e varias destinadas especificamente a escolares, que se ofertarán aos colexios da cidade.
Entre as propostas que traen as compañías para as fins de semana de outubro e novembro, tres son estreas. As funcións serán os sábados as 18:00 horas e os domingos as 12:00 horas, coa entrada de balde. Poderanse retirar na billeteira do Teatro Jofre no horario habitual.
A terceira edición de Festea abrirá o pano este mesmo domingo, ás 12:30, no Teatro Jofre, coa proposta de Tanxarina, A galiña azul, Premio Fetén 2018 ao Mellor Espectáculo de Títeres e Premio María Casares 2018 ao mellor espectáculo infantil. Unha peza que fala da diversidade e da solidariedade, e na que se empregan diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.
Programación
Outubro
7 de outubro. Teatro Jofre, 12:30. A galiña azul. Tanxarina (Galicia)
13 de outubro. CC. Caranza, 18:00. El hambre de Arlequín. Bottega Teatrale (Italia). Función en castelán.
14 de outubro. Torrente, 12:30 Pinocho. Bottega Teatrale (Italia). Función en castelán.
19 de outubro, Torrente, 12:30. Tími contra o vento (preestrea/escolar). App Creacións (Galicia)
20 de outubro. Caranza, 18:00. Os soños na gaiola. Títeres Alakrán (Galicia)
21 de outubro. Torrente, 12:30h Tími contra o vento (estrea). App Creacions (Galicia)
26 de outubro. Caranza, 12:30. Historia de un avaro (prestrea/escolar). Xarop Teatre (Valencia)
27 de outubro. Caranza, 18:00. Historia de un avaro. (estre). Xarop Teatre (Valencia)
28 de outubro. Torrente, 12:30. For+ Xarop Teatre (Valencia)
Novembro
04 de novembro. Jofre, 12:30. Brancaneves. Cachirulo (Galicia)
10 de novembro. Caranza, 18:00. Cinco lobitos. Teatro Arbolé (Aragón)
11 de novembro. Torrente, 12:30. Los tres cerditos.Teatro Arbolé (Aragón)
16 de novembro. Caranza, 12:30h Pula Pula (prestrea escolar). Búho Teatro (Andalucía)
17 de novembro. Caranza, 18:00h Pula Pula (estrea). Búho Teatro (Andalucía)
18 de novembro. Torrente, 12:30. La Ratita Presumida. Búho Teatro (Andalucía)
25 de novembro. Jofre, 12:30. Númenes. Yarleku Teatro (Navarra)