in

Fabrice Murgia estará en Carballo con ‘La Tristeza de los Ogros’

TristezaOgrosMurgia |
O director fará unha adaptación especial da obra para o público do FIOT. La tristeza de los ogros inicia o ciclo OTNI no FIOT.

 

O autor belga Fabrice Murgia viaxará a Carballo para encargarse da posta en escena de La Tristeza de los Ogros. A cita é o vindeiro domingo día 14 de outubro, ás oito e media da tarde, no Pazo da Cultura. A obra inaugurará a sección OTNI do FIOT.

O espectáculo foi estreado en 2009, e con él Fabrice Murgia consagrouse como dramaturgo no Festival de Aviñón (Francia) Foi o inicio dunha afamada e premiada carreira . Murgia recibiu o León de Prata do Festival de Cannes á mellor dirección e na actualidade é unha referencia do teatro europeo. Está considerado como “o director das novas xeracións”.

Fabrice Murgia ofrecerá ao público do FIOT unha adaptación especial dunha obra que aborda a perda da infancia. Adaptada por Borja Ortiz de Gondra, a acción de La Tristeza de los Ogros sitúase en 2006, cando o mozo alemán Bastian Bosse asasinou a oito rapaces no instituto alemán onde estudaba tras anuncialo no seu blog persoal. Ese mesmo ano, a adolescente Natascha Kampusch escapou do seu secuestrador tras estar dez anos encerrada nun sótano: “Ambos eran adolescentes que deixaron de selo”, subliñou o autor


Publicidade

La Tristeza de los Ogros é un espectáculo coproducido polo Théâtre National Wallonie-Bruxelles, Teatro del Canal e Teatre Lliure, e coa súa representacion será inaugurada a novena edición do OTNI do FIOT.

Os protagonistas de La Tristeza de los Ogros, interpretados por Nacho Sánchez e Olivia Delcán, son guiados por unha nena que exerce de mestra de cerimonias dende o mundo dos soños e que, interpretado por Andrea de San Juan, encárgase de axudar a que ambos perdan a inocencia. A montaxe obriga aos actores a un continuo uso da tecnoloxía, tal como fixeron na vida real os dous personaxes representados.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DuasGamberrasEUnMicro |

Comeza o IV Encontro ‘Mulleres Creando’ no FITO Ourense

Chachakun |

O XXIII Festival Galicreques ofrecerá máis de 50 funcións a partir de mañá