A Fundación SGAE anuncia a apertura da convocatoria para a selección de textos teatrais destinados á colección Teatroautor Exprés, que estará vixente ata o vindeiro 23 de novembro.
Esta liña editorial, iniciada en 2013, contribúe á difusión e promoción da dramaturxia contemporánea. Ten como obxectivo, por tanto, colaborar cos autores na promoción dos seus traballos recentemente estreados, poñendo á súa disposición exemplares impresos da súa obra para a súa difusión entre críticos, compañías, produtores, programadores, académicos, etc.
A esta segunda convocatoria de 2018 pódense presentar aquelas obras de autores e autoras membros de SGAE que sexan obxecto de estrea absoluta entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de marzo de 2019, e que cumpran cos requisitos sinalados nas bases.
O prazo para a recepción de propostas remata ás 24:00 horas do xoves 23 de novembro de 2018.
Pódense descargar aquí as bases.
- O CDG estrea ‘Memorias dun neno labrego’ - 08/01/2026
- O festival internacional Galicia Magic Fest está a celebrar a súa novena edición - 03/01/2026
- Falece o actor Miquel Insua - 31/12/2025



