Vanesa Sotelo presentará Contramateria hoxe, venres 26 de outubro, a partir das 20:30, na Fundación Luis Seoane da Coruña, dentro do Ciclo O Teatriño.
O teatriño é unha actividade da Fundación Luis Seoane, comisariada por Camilo Franco, coa fin de pescudar unha relación directa entre actrices da escena galega e o público. Durante 45 minutos unha actriz poderá efectuar un acto performativo diante do público. Dela depende o texto, a posta en escena, o vestiario, a presentación… nunha montaxe única que non volverá repetirse máis.
En Contramateria, a intérprete atravesa o espazo baleiro. Ela é a tradutora e a responsable de achegarnos a unha actriz incomprensiblemente incomprendida e ás personaxes que tivo que interpretar pero que nunca chegou a comprender. Personaxes como Nina de A Gaivota ou a Giuliana de Deserto Rosso son figuras que aparecen e desaparecen neste ensaio que combina o desastre coa irreflexión e a poesía.
Foto: Humberto Valladares
- O CDG e Contraproducións inician a xira de ‘Memorias dun neno labrego’ - 29/01/2026
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026



