in

A Companhia de Teatro de Braga visita Ourense

AAntigaMulher |

Este sábado 27, ás 20:30, o Auditorio de Ourense acolle á CTB – Companhía de Teatro de Braga, que escenificará A Antiga Mulher, unha exploración de universos de luz e dos máis sombríos das nosas identidades, alí onde se confunden o equilibrio do feminino e do masculino nunha confrontación esencial cos nosos valores e as nosas aspiracións máis profundas.

A compañía lusa presenta, no centro do espectáculo, unha historia tan antiga como a da propia humanidade e, daquela, dunha modernidade constantemente renovada: Romy, antiga amante de Frank -casado vai dúas décadas con Claudia- bate na porta do apartamento do matrimonio. Ela quere encontrar o seu primeiro amor, o home que lle prometera 24 anos atrás que a amaría para sempre. É a historia da intimidade dun matrimonio e da problemática das relacións familiares, un retrato dunha sociedade contemporánea en sufrimento.

A CTB é unha estrutura profesional de produción teatral. Fundada en 1980 no Porto, está radicada en Braga desde 1984 no ámbito dun proxecto artístico que cruza as novas dramaturxias coa experimentación sobre o gran legado dramatúrxico da humanidade: os clásicos. A Antiga Mulher, estreada o 12 de outubro en Braga, é a nova montaxe da formación portuguesa, con 38 anos de traxectoria e 129 montaxes no currículo. A obra é orixinal de Roland Schimmelpfenning, un dos autores máis representados, na actualidade, en Europa.


Publicidade

A CTB desenvolve tamén con regularidade accións de formación de públicos, no ámbito do teatro, así como accións de sensibilización e creación de novos públicos, especialmente da mocidade. A representación do sábado forma parte dun intercambio cultural coa cidade de Braga, pola que a compañía ourensá Il Maquinario Teatro representou Perplexo no Theatro Circo.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Latristezadelosogros |

La tristeza de los ogros

Vanesa contramateria Foto Humberto Valladares |

Vanesa Sotelo intervén hoxe n’O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña