in

As Xornadas de Literatura Dramática da AELG dedícanse ao teatro no Ensino

classroom |

Este sábado 24 de novembro, a partir das 9:45, no Espazo Normal da Coruña (Paseo de Ronda, 47), e co apoio do Concello a través da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento, da Deputación Provincial da Coruña e do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), comeza a terceira edición da Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG, unha reunión anual de dramaturgas/os que quere ser un foro de intercambio de opinións, reflexións e debate arredor da literatura dramática galega actual cuxo obxectivo final é ir marcando uns obxectivos asumibles e unhas tarefas anuais coas que poder mellorar a situación do xénero en Galicia.

Baixo o lema A palabra teatral nas aulas, preténdese nesta ocasión facer unha revisión da literatura dramática galega dos últimos anos a través das diversas persoas que a protagonizaron e, alén diso, dar a coñecer proxectos de escrita dramática actual e experiencias próximas que axuden a abrir os camiños necesarios. Entre eses camiños está a exploración das virtudes da literatura dramática no Ensino, xa que se trata de textos que conteñen a partitura de accións para o xogo que afonda nas relacións humanas.

Con estas actividades abertas á cidadanía quérese contribuír á visibilización do xénero, establecer unha conexión entre os textos para o teatro e as aulas. Tamén ofrecer un espazo de encontro e intercambio de coñecemento para as/os profesionais das artes escénicas e de todas as persoas interesadas nun dos piares dunha identidade cultural plena.

Publicidade

O programa da mañá conta con tres mesas redondas cos títulos:

  • A literatura dramática galega no último cuarto do século XX, presentada por Xesús Pisón e con Manuel Lourenzo e Henrique Rabuñal.
  • O teatro nas aulas, moderada por Rosalía Fernández Rial e con Raquel Castro e Fran Godón.
  • A literatura dramática galega nas primeiras décadas do século XXI, moderada por Afonso Becerra e con Eva Ferreira e AveLina Pérez.

A tarde arrinca co Festival Pezas dun teatro do porvir. Procesos abertos de escrita dramática, unha convocatoria aberta a 4 dramaturgas/os que están a escribir algunha peza nova ou que teñen unha peza recente e queren abrila ao público amosando un fragmento ou mostra desta.

  • 16:00. Malcriada, unha historia de amor, de Esther Carrodeguas
  • 16:30. Pulso, de Paula Sanmartín
  • 17:00. Proxemia 45, de AveLina Pérez
  • 17:30. Infinito conxugado, de Gloria Rico

 

A Xornada rematará cunha clase maxistral a cargo de José Maria Vieira Mendes, recoñecido dramaturgo portugués (de quen a erregueté publicou Padam, Padam, no seu número 69) que falará sobre as relacións entre a literatura e o teatro centrándose nos textos do teatro portugués actual. Posteriormente, o autor manterá un coloquio cos asistentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AMarabunta2 |

A Marabunta toma o Teatro Colón contra a violencia de xénero

TeatroBeneficencia2 |

Visitas guiadas gratuítas ao Teatro da Beneficencia de Ortigueira