in

Visitas guiadas gratuítas ao Teatro da Beneficencia de Ortigueira

TeatroBeneficencia2 |

O Concello de Ortigueira organiza visitas guiadas gratuítas ao Teatro da Beneficencia os días 6, 7, 8 e 9, ás 11:30 e ás 12.30, sen necesidade de inscrición previa.

O Teatro da Beneficencia está na á leste do edificio conventual, empregada antigamente polos monxes para almacenar viño e leña. Un grupo de veciños promoveu a finais do século XIX as obras que converteron estas dependencias nun recinto cultural. Froito desta iniciativa, e gracias ás achegas económicas dos habitantes da Vila, inaugurábase en 1850 o Teatro da Beneficencia.

Vintecinco anos despois o Concello asumiu os traballos que lle deron o aspecto que hoxe presenta. Só faltaban entón o pano do escenario e as pinturas que decoran o teito, realizadas na década final do século XIX. Estas son obra de Vicente Martí­nez Laxe en 1892 e Pedro Castiñeiras -panorámica da Vila. Ambos os dous eran artistas locais.

Publicidade

O Teatro rexuveneceuse seguindo a planificación conxunta de Gerardo Salvador Molezún, Rafael Baltar Tojo, José A. Bartolomé Argüelles e Carlos Almuiña Díaz, e reinaugurouse en 1991. O local de 35 x 6,5 metros, con escea, palco e paraí­so, amosa actualmente toda a súa beleza, propia dunha pequena obra de arte con sabor romántico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

classroom |

As Xornadas de Literatura Dramática da AELG dedícanse ao teatro no Ensino

Arnoia |

Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena