in

A “Procesión da Santa Bolaña” lembra a Vidal Bolaño en Compostela

santa3 |

Despois de tres anos sen celebrarse, este sábado 22 de decembro, á partir das 17:00 da tarde, regresa a Procesión da Santa Bolaña, unha procesión profana en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.

A procesión partirá, como é tradición, do local da Asociación de Veciños “As Brañas de Andrés”, nos Pelamios para percorrer logo as rúas do casco vello compostelán, facendo parada dramática en catro locais senlleiros da cultura local: o Centro Socio-Cultural “Gentalha do Pichel”, a Casa do Matadorio, o Cantón de San Bieito, e a Nave Sete da Praza de Abastos.

Nas catro paradas deste vía crucis dramático haberá intervencións teatralizadas de Zé Paredes, Mónica Camaño, Lucho Penabade e Esther F. Carrodeguas, rematando o paso no vestíbulo do Teatro Principal, coa lectura colectiva, a xeito de coro grego, do manifesto poético-dramático da procesión.


Publicidade

Os participantes poderán participar nun sorteo de produtos culturais e adquirir un libreto editado para a ocasión por Edicións Positivas no que se recollen textos de Esther F. Carrodeguas, Ana Carreira, Roi Vidal Ponte, Mónica Camaño e o Grupo Oportunista de Drama G.O.D. “Flavia Antonia” por 5 euros.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

somoscriminais sl |

Carlos Blanco e Touriñán baten récords con ‘Somos criminais’

circus 3196457 1280 |

Gala Solidaria do Festiclown en Compostela