in

O ‘Otelo’ de Nuno Carinhas volve ao TSNJ do Porto

Otelo 3 ©João Tuna |
Con dirección, escenografía e figurinos de Nuno Carinhas, Otelo regresa ao Teatro Nacional São João do Porto para as últimas funcións entre os días 5 e 20 de xaneiro. | Foto: João Tuna |

 

Cerca de cuatro mil espectadores asistiron á primeira temporada de Otelo, obra do dramaturgo William Shakespeare, que Nuno Carinhas encenou – sendo tamén responsable da escenografía e figurinos do espectáculo –, nunha produción propia do Teatro Nacional São João (TNSJ), a primeira da temporada 2018/2019. Téndose estreado o 28 de setembro de 2018, e despois de se ter revelado un suceso de billeteira, Otelo está de volta para as suas últimas funcións, entre os dias 5 e 20 de xaneiro, no TNSJ.

Datado en 1604, Otelo, o Mouro de Veneza é un texto que se mantén actual, á semellanza de tantos outros de Shakespeare. A peza subliña o poder “transformista” de sentimentos como a envexa e os ciumes que alastran e incendian a alma humana, reflectindo un lado mais negro e lúgubre. Nesta trama non fican fóra outros temas como as cuestións raciais –Otelo era visto como o “estranxeiro”–, así como o papel da muller na sociedade, con Desdémona a desafiar tópicos, impondo a súa liberdade ao escoller o home con quen casa e ao falar abertamente en público sobre asuntos da sociedade, chegando mesmo a contradicir as opinións do marido.

Movido pola envexa de non ter sido nomeado para tenente de Otelo, Iago toma a dianteira da acción, conducindo as restantes personaxes (e o público) a través dunha sucesión de “xogos” e planos enxeñosos, conseguindo sementar os ciumes no corazón de Otelo contra Desdémona. Considerado como un dos maiores viláns da literatura, Iago é mordaz, estendendo a súa conspiración a todas as personaxes, envolvéndoas no tráxico final que se pode adiviñar.


Publicidade

O espectáculo pode verse mércores e sábados, ás 19:00; xoves e venres, ás 21:00; e o domingo, ás 16:00. Excepcionalmente, a función do 5 de xaneiro, sábado, comeza ás 21:00.

Para o público que queira coñecer un pouco máis do proceso de creación desta peza, está prevista para o día 11 unha conversa post-espectáculo co elenco e o director.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Malasombra08 |

A Rede de Teatros e Auditorios inicia 2019 con 349 funcións

Paula Carballeira

Edicións Positivas publicará ‘Doppelgänger’, de Paula Carballeira