Edicións Positivas anuncia a publicación de Doppelgänger, de Paula Carballeira. A obra, que se estreará o vindeiro 24 de xaneiro no Salón Teatro, é unha co-produción entra as compañías Berrobambán de Galicia e Arca de N.O.E de Colombia, co Centro Dramático Galego, resultado dun proceso colaborativo estruturado en dúas fases.

A primeira etapa de investigación e selección de materiais textuais e visuais, desenvolveuse nos meses de agosto e setembro en Medellín e rematou cunha primeira presentación pública. O segundo ciclo de ensaios ten lugar en Galicia entre decembro e xaneiro e culminará na estrea definitiva do espectáculo.

“Ao meu carón sinto a alguén que non son eu, pero que se me parece como unha sombra ou un reflexo. Mírame, xúlgame, quéreme, ódiame. Vivimos no mesmo país, pero temos ideas opostas. É o meu rival, o meu inimigo. Eu son o seu rival, o seu inimigo. Está no outro bando. Estou no outro bando. Quero destruílo e ao mesmo tempo necesítoo. É el ou eu. Ambos ou ningún. É a guerra. A Guerra Civil. É a miña conciencia. É a miña memoria. É o meu esquecemento. É a posibilidade ou non de vivir en paz comigo mesmo.” Así define a compañía o que se poderá ver nos escenarios.

O texto de Paula Carballeira conforma o sexto volume da nova colección DiTeatro de Edicións Positivas, que se inaugurou con Casa de Bonecas de Ibsen, en versión de Xoán Carlos Mejuto, e xa publicou textos de José Prieto, Valle Inclán ou Gustavo Docampo. O texto poderá adquirirse, ademais de nas librarías, nos teatros onde Berrobambán presente a montaxe.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos